Cine en curso |
O día 16 de xuño asistimos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela á estrea do documental De Milladoiro a Seidón realizado polo alumnado de 1ESOD. Foi un momento moi emocionante no que o alumnado, convertidos/as en cineastas, presentou o resultado do laborioso traballo realizado durante o presente curso dentro do programa Cinema en curso, do Plan Proxecta de Innovación Educativa (Xunta de Galicia). O día 19 tivemos a sorte de proxectar con familiares, amigos/as, veciños/as e docentes no Centro Sociocultural do Milladoiro. Achegamos imaxes de ámbolos dous actos e tamén vos invitamos a ver o documental, para quen non puidese achegarse, dende as vosas pantaias. Velaquí os resultados do proxecto: |
|||
Os dous proxectos presentados por profesorado do IES do Milladoiro ao Plan Proxecta foron aprobados. Eses proxectos son "Cine en curso" e "Meteoescolas". Para máis información sobre estes programas: http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta/programas
|
|||
Ola a todas e todos! Comezamos o noso primeiro artigo neste espazo como centro seleccionado para participar no Programa de Innovación Educativa Cine en curso. O programa enmárcase dentro do Plan Proxecta, iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos, e que se dirixe a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo, e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores (máis información aquí). Neste caso, o organismo que coordina o programa en Galicia é o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). Estamos, pois, de noraboa. Neste curso son 5 os centros seleccionados na nosa comunidade e somos un deles. Compartiremos experiencia: CEIP A Rúa (Cangas) • CEIP de Tenorio (Cotobade) • CEIP do Camiño Inglés (Sigüeiro - Oroso) IES de Poio (Poio) • IES do Milladoiro (O Milladoiro - Ames) Para quen non coñeza o programa, diremos Cine en Curso é un programa estructural de pedagoxía do cine en escolas e institutos. Comeza en Barcelona e ten xa unha longa traxectoria de 11 anos, nos que foron aumentando as procedencias dos centros participantes, compartindo actualmente dende Cataluña, Madrid, Galicia, Argentina, Chile e Alemania. Cine en curso ten dous grandes obxectivos: propiciar o descubrimento por parte dos nenos e xóvenes do cine entendido como arte, creación e cultura; e desenvolver as potencias pedagóxicas da creación cinematográfica dentro do contexto educativo. Para conseguilo articula catro eixes principais: a presenza regular e continuada de cineastas nos centros educativos que traballan en colaboración co profesorado; unha metodoloxía que relaciona a práctica creativa co visionado de peliculas; a formación do profesorado; e a construción do proxecto como un laboratorio de investigación aplicada: espazo de experimentación e reflexión. Ademáis temos unha web onde podedes consultar toda a información e onde teremos conta do que está a acontecer no noso centro a través do Diario dos obradoiros, para o que dúas rapazas están xa preparando a primeira entrada.
Traballaremos dentro do Programa Cine en curso co alumando de 1 ESO D, que xunto co profesorado implicado no programa (Ana Carballo, Sofía Ardariz, Beatriz Castro e Pilar Rodríguez) realizamos xa dúas viaxes a A Coruña. A primeira, o 20 de outubro, con motivo da presentación do programa. Un momento de convivencia cos demáis centros participantes, no que se fixeron as primeiras proxeccións con comentarios en conxunto.
E ao día seguinte foi o turno das profes, que tivemos una xornada intensa de traballo, con todo o equipo de Cine en curso e o profesorado dos demáis centros participantes.
Hoxe tivemos a primeira visita no centro de Marcos Flórez, o director e montador co que temos o pracer de traballar e desfrutar desta aventura polo mundo do cine, e que debaixo destas liñas vemos traballando no curso pasado co alumando doutro centro.
Pronto actualizamos! Saudiños, Ana, Sofía, Bea e Pilar.
|
|||