O pasado 22 de marzo o alumnado de 3º da ESO tivo a ocasión de escoitar unha charla da catedrática de Historia Moderna, Ofelia Rey Castelao. No marco do día da muller, a profesora da Universidade de Santiago de Compostela fixo unha presentación da historia das “Nenas e adolescentes na Galicia Moderna”, tema ao que lle ten dedicado un gran número de investigacións. No seu percorrido, Ofelia Rey descubriulle ao estudantado como era a vida das nenas da súa idade en Galicia durante os séculos XVI e XVIII e as enormes diferenzas existentes entre os diversos grupos sociais. A charla permitiulle ao noso alumnado entender como se levan a cabo as investigacións históricas e, máis importante se cabe, comprender que forman parte dunha xeración privilexiada cuxa principal preocupación é -ou debería ser- aproveitar ao máximo a educación recibida. |
|||