Este curso conmemoramos o cuarto centenario do falecemento dun dos escritores máis eloxiados da lingua inglesa: William Shakespeare. Aprendemos cousas sobre a súa vida, a súa obra, o teatro The Globe -do que era accionista e onde se representaban as súas obras- e tamén nos decatamos de que moitas das expresións que utilizamos hoxe en día foron acuñadas ou popularizadas por este magnífico autor. Parabéns a todos os alumnos e alumnas, especialmente aos que participan no vídeo, polo esforzo e bo traballo realizado. Tamén aos tres alumnos que leron unha pasaxe en inglés do Mercador de Venecia a outros compañeiros na biblioteca. Velaquí unha mostra gráfica do traballo que realizamos.
|
|||