O alumnado de 1º B e de 2º B de Bacharelato desfrutou dunha sesión matinal de cine na sala Numax, de Santiago. A saída foi organizada pola Biblioteca do Instituto e mais o Departamento de Xeografía, Historia e Ciencias Sociais. O filme escollido foi Suffragettes (Sara Gavron, 2015), sobre o nacemento do movemento sufraxista en Inglaterra, nos anos inmediatamente anteriores ao estoupido da I Guerra Mundial. A película, que está a ter unha magnífica acollida de público e crítica, foi visionada en versión orixinal subtitulada en castelán. Na Biblioteca do IES do Milladoiro pódese ler unha novela gráfica relacionada con esta cuestión histórica e de actualidade: Mary M. Talbot, Kate Charlesworth e Bryan Talbot (2015): Sally Heathcot: Sufragista, Barcelona, Ediciones La Cúpula.
|
|||