OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO participará no Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero organizado pola ONGD - ACPP ( Asamblea de Cooperación pola Paz), en dúas horas de titoría no mes de novembro. O obxectivo xeral deste obradoiro é promover a construción dunha sociedade baseada na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a partir do coñecemento, reflexión e comprensión dos factores que sosteñen as desigualdades.


Con este obradoiro preténdese reforzar a liña de traballo que para este curso ten proposta o IES do Milladoiro: “En igualdade, ser rapaza e rapaz hoxe...” e tamén que o alumnado asista as “V XORNADAS: IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO – AMES 2015” cunha reflexión previa da temática.

 

  • ENLACES DE INTERESE:

http://acpp.com/

http://www.agareso.org/es