O ALUMNADO DO NOSO IES RESULTOU GAÑADOR DE DOUS DOS TRES PREMIOS DA IV EDICIÓN DO CONCURSO RADIOFÓNICO DE TEATRO LIDO DO CONCELLO DE AMES:
O premio ao mellor guión orixinal recibírono tres alumnos de 4º de ESO, e o premio á mellor interpretación recaeu en dúas alumnas de 2º de Bacharelato.
O PREMIO AO MELLOR GUIÓN ORIXINAL foi outorgado ao monólogo titulado: A regularidade, con guión de Jorge Expósito Patiño e Daniel Expósito Patiño e interpretado por Daniel Iglesias Duro.
O PREMIO Á MELLOR INTERPRETACIÓN foi para o monólogo: Cousas da vida, con guión de Camila Caffarelli Popowicz e Rosalía Cid Tarrío, interpretado por Rosalía Cid Tarrío.
Este concurso pretende dinamizar dun xeito lúdico o uso oral e escrito da lingua galega entre a mocidade de Ames a través da reflexión colectiva e da creatividade. Ademais intenta fomentar o gusto polo teatro entre a mocidade e achegala á radio municipal.
Queremos destacar que nesta edición a participación do noso IES foi a máis numerosa, pois dos once grupos que se presentaron ao concurso, seis pertencían ao noso centro (1 grupo de 3ºESO, 3grupos de 4º ESO e 2 grupos de 2º de Bacharelato), cun total de 15 alumnos e alumnas participantes.
Tamén queremos salientar que outro dos nosos monólogos, o titulado A viaxe de Xiomara, con guión de Xiomara Sáenz Hurtado, Luzia Pardo Abuín e Alicia Fernández González, e interpretado por Xiomara Sáenz Hurtado, quedou en segunda posición na valoración do público, con 59 votos.
Ademais do alumnado xa mencionado participaron no concurso os seguintes alumnos e alumnas: Paula Casqueiro Bañobre, Alba López Portabales, Lidia Comba Abeledo, Sabela Cancela Negreira, Jorge Domínguez Pavón, Anxo Gondelle Pulleiro e Guillermo Lourido Torres.
O acto de entrega de premios tivo lugar o xoves 4 de decembro no Salón de Plenos da Casa do Concello e alí o alumnado tivo que demostrar, unha vez máis, e esta diante do público que enchía o salón, a súa arte coa palabra.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES do Milladoiro queremos agradecervos a todo o alumnado a vosa entusiasta participación. Sentímonos orgullos@s pola calidade dos vosos traballos e animámosvos a seguir participando, porque se vós non “desatades a lingua” corre o perigo de perecer afogada. E, por suposto, PARABÉNS A TODOS OS PREMIADOS E PREMIADAS.
Queremos agradecer tamén a colaboración dos pais e nais do alumnado participante, por apoiar, acompañar e facilitar que os vosos fillos e fillas participen nestas actividades.
Por último agradecemos moi especialmente ao Concello de Ames e ao seu Servizo de Normalización Lingüística, o impulso e a organización de actividades dinamizadoras coma esta, e outras similares, que contribúan á tan necesaria revitalización da nosa lingua.

Podes escoitar os traballos premiados premendo nesta ligazón.