Samaín. Historias de medo

 

O xoves, 30 de outubro, celebramos o Samaín no noso IES. O alumnado de primeiro de ESO participou coa lectura dramatizada de historias de medo. Historias, a maior parte delas, que formaban parte da vida cotiá do noso mundo rural e que permitían, entre outras cousas, mitigar a angustia ante a norte, transmitir normas básicas para a convivencia e reforzar as relación sociais.

Pola nosa biblioteca pulularon, á última hora da mañá, a Morte branca e a Morte negra, ánimas en pena que deixaran neste mundo algún asunto sen resolver, mortos aos que lles había que rachar o hábito, caveiras e esqueletos falantes, santas compañas e lobishomes.

Estes e estas foron @s protagonistas:

Celia Proupín con O morto e os recén casados

Xoán Pájaro con Penar cunha pedra ao lombo.

Carlos Rodríguez con A veciña

Daniel Rodríguez con O soldado e o morto

Lois Santiago con Rachar o hábito

Sabela Nóvoa con Os defuntos e o señor Tomás o célibe

Olalla Santos con O pai inxusto coa herdanza

Laura Santos con Ninguén a quere

Luís Dono con A caveira convidada

Alejandro Vila con O propio enterro

Sergio Ogando con As mans do medo

Jonathan Vieites con O padriño máis xusto

Lucía Muñoz con O quinqué rompido

Hugo Gómez con Lord Arthur

Gabriela Sánchez con Os infalibles avisos da morte

Sergio Caramés con Portador do cadaleito

Denís Míguez con Dúas luces

Manuel Rego con O transporte do cadáver

María Pampín con Enterro sospeitoso 

Alicia Gómez con O saco das verzas