Programas cualificación profesional

Orde pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Concurso Traslados Secundaria

Resolución definitiva do concurso de traslados de secundaria.

Acto despedida aos alumnos 2º de Bacharelato

O vindeiro mércores 28 de maio haberá un acto de despedida aos alumnos de 2º Bacharelato no Teatro Principal da Estrada ás 19:00 horas.

Final da I mini Olimpiada de Química

O vindeiro venres 23 de maio celebraráse en Santiago na Facultade de Química a final da I Mini Olimpiada de Química na que estarán dous alumnos de 4º ESO A Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López acompañados por o seu profesor Augusto Otero, aos que lles dexesamos moita sorte.

Óscar González gaña outra carreira

O alumno do MGB Óscar González cruzou a liña de meta en primeiro lugar o pasado sábado na carreira ciclista correspondente ao "Trofeo Concello de Santiago". Ánimo Óscar, xa estamos agardando a seguinte victoria!
oscar_gonzalez_18_5_2008.jpg

Concurso "Pasapalabra"

A semana do 19 ao 23 de maio continuarase co concurso "Pasapalabra", esta vez en galego, para conmemorar as LETRAS GALEGAS. O calendario de participación está no taboeiro das actividades e repartirase aos titores correspondentes.

Convocatoria Consello Escolar

Convócase Consello escolar extraordinario para o vindeiro xoves 22 de maio de 2008.

Convocatoria Claustro Extraordinario

Convócase claustro extraordinario para o vindeiro xoves 22 de maio de 2008.

PROXECTOS INNOVACIÓN NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Convocatoria de premios a proxectos de innovación en normalización lingüística para desenvolver no curso 2008-2009.

PROXECTOS INNOVACIÓN TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

Convocatoria de axudas para a realización de proxectos de innovación para un uso educativo das tecnoloxías da información e comunicación para o curso 2008-2009.

GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO

Convocatoria e regulamento do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares para o curso 2008-2009.

VISITA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO

O vindeiro xoves 29 de maio os alumnos de 1º Bacharelato visitarán o Mosteiro de Carboeiro e a zona mineira de Fontao en Vila de Cruces nuha actividade organizada polo Departamento de Historia. Sairán ás 8:45 horas e regresarán ás 14:25 horas

PROXECTO RÍOS

O vindeiro mércores 28 de maio os alumnos de 4º ESO das asignaturas de Bioloxía e Ciencias do Medio Ambiente irán ao río Liñares para facer unha mostraxe dentro das actividades programadas no "Proxecto Ríos". Sairán ás 11:35 horas do centro e regresarán ás 14:25 horas.

TALLER DE ANIMACIÓN Á LECTURA

O vinderio martes 20 de maio os alumnos de 1º ESO participarán nun "Taller de Animación á Lectura" impartido por dona Victoria Pérez Varela e organizado polo profesor Jesús Tallón do Departamento de Lengua e Literatura Galego. A duración será dunha hora na aula de Usos Múltiples.

ARDE LUCUS

Dentro do proxecto "Dos Mil años por correo" os alumnos irán a Lugo e ás Médulas os días 20 e 21 de Xuño.

Distribuir contido