BOLETÍN Nº 4
Enviado por BiblioMGB o 15 Abril, 2008 - 17:47A biblioteca publica o seu Boletín nº 4 onde dá a coñecer as actividades a celebrar o Día do Libro (23 de abril) e as propostas do plan de lectura "Tempo de LEceR".
CONTACTO COA NATUREZA
Enviado por Vicedirec. o 14 Abril, 2008 - 19:48Xa está en marcha o programa "Contacto coa natureza" organizado pola Deputación de Pontevedra para alumnos de 1º Bacharelato. Os alumnos interesados en participar deberán entregar a documentación no centro antes do día 16 de abril. Mais adiante informaráse das datas e da programación de dita actividade.
CAMPAÑA ANTICONTAMINACIÓN ACÚSTICA
Enviado por Vicedirec. o 9 Abril, 2008 - 15:34Os alumnos de 3º ESO dirixidos por Miguel Carbajal comenzaron unha nova campaña de contaminación acústica no centro, basada noutra que fixeran en cursos pasados e que foi tomada como modelo polo MEC para campañas de Educación Ambiental. Consta de medición de datos de todas as dependencias do centro, presentación Powerpoint con todos os datos técnicos, deseño de pegatinas, planos do centro realizados polo profesor Xoán Xosé e os seus alumnos de Plástica. Neste proxecto colaborarán máis profesores do centro os que queremos dar o noso agradecemento.
PREMIO IX CONCURSO DE MÚSICA XIRADELA
Enviado por Vicedirec. o 9 Abril, 2008 - 15:21O cuarteto de música tradicional Retrouso da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande gañou o IX Concurso de música Xiradela, celebrado o domingo en Arteixo (A Coruña). En dita formación están dous alumnos do noso centro Noelia Bouzón (1º Bach) e Alejandro Ayude (3º ESO).
REUNIÓN SISTEMA SIXA (SISTEMA INFORMÁTICO DE XESTIÓN ACADÉMICA)
Enviado por XefeEstudos o 9 Abril, 2008 - 10:27O MEU 1º VOO
Enviado por Vicedirec. o 8 Abril, 2008 - 12:32Avísase do cambio de data da actividade, que realizaráse o vindeiro martes 15 de abril do 2008.
CALENDARIO DE FIN DE CURSO
Enviado por XefeEstudos o 4 Abril, 2008 - 12:04O claustro ven de aprobar o calendario fin de curso. Podes descargalo en formato pdf aquí.
CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE PENDENTES
Enviado por XefeEstudos o 4 Abril, 2008 - 10:17CALENDARIO DE FIN DE CURSO: AVALIACIÓNS FINAIS
Enviado por XefeEstudos o 4 Abril, 2008 - 10:13O claustro do MGB vén de aprobar o calendario de fin de curso 2007/08. As avaliacións de 2º de Bacharelato serán o 26 de maio, e as da ESO e 1º de Bacharelato entre os días 18 e 19 de xuño. Adxuntamos o horario completo en *pdf.
CONSELLO ESCOLAR ORDINARIO
Enviado por Secret. o 3 Abril, 2008 - 11:44REUNIÓN DE PAIS VIAXE SAGUNTO
Enviado por Vicedirec. o 31 Marzo, 2008 - 10:25O vindeiro mércores 2 de abril ás 19:00 horas haberá unha reunión na Aula de Usos Múltiples para informar os pais sobre a viaxe a Sagunto. Descarga o programa en *.pdf.
CINENSINO
Enviado por Vicedirec. o 30 Marzo, 2008 - 20:20O vindeiro xoves 3 de abril os alumnos de 2º ESO irán a ver a terceira película do programa CINENSINO, "Un puente hacia Terabithia", nos Multicines da Estrada. Sairán as 10:30 horas e regresarán ás 12:30 horas.
VISITA AO CASTRO LANDÍN
Enviado por Vicedirec. o 30 Marzo, 2008 - 20:12O vindeiro venres 11 de abril os alumnos de 1º da ESO visitarán o Castro Landín en Cuntis. Sairán as 8:45 horas e regresarán as 14:25 horas.
FORUM ORIENTA O8
Enviado por Vicedirec. o 30 Marzo, 2008 - 20:09O vindeiro xoves 10 de abril os alumnos de 1º Bacharelato irán a Vigo para participar en distintas actividades do FORUM ORIENTA 08. Saíran ás 8:45 horas e voltarán ás 14 :25 horas aproximadamente.
CONFERENCIA DA USC
Enviado por Vicedirec. o 30 Marzo, 2008 - 20:05Dentro do programa "A ponte entre a Universidade e o ensino medio" o martes 25 de marzo tivo lugar na Aula de Usos Múltiples do instituto unha conferencia para os alumnos de 2º bacharelato. Ésta foi impartida por un membro da Universidade de Santiago de Compostela có fin de proporcionar información sobre dita universidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 158
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- …
- seguinte ›
- última »