Graffiti

O vindeiro martes 21 de Outubro, 25 alumnos de 1º ESO participrán na  actividade  Graffiti no IES Nº 1 acompañados cos profesores de plástica. Sairán as 10: 30 horas e actividade durará 50 minutos aproximadamente.

COMISIÓN PEDAGÓXICA

Convócase á Comisión Pedagóxica para o vindeiro mércores, 22 de outubro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.

Premio de Excelencia Académica

María Eugenia Guerra Vilar, alumna de 2º Bacharelato o ano pasado neste centro, obtivo o Premio de Excelencia Académica para o alumnado que inicia estudos universitarios. O vindeiro 29 de outubro recibirá a credencial oficial deste premio da man da Conselleira de Educación  nun acto que terá lugar en Santiago.  Desde aquí dámoslle o noso parabén.

Teatro en Santiago

O vindeiro 10 de novembro os alumnos de 1º ESO irán ao teatro a ver a obra "No me ralles" no Teatro Principal de Santiago. Sairán as 10:30 horas do instituto e voltarán ás 14:25 horas ao centro.

Proxecto Ríos

O vindeiro xoves 16 de Outubro os alumnos de 4º ESO irán ao río Liñares para facer unha mostraxe dentro do "Proxecto ríos". Sairán ás 10:30 e voltarán as 13:45 horas

Circular nº 2

Convócase unha reunión dos pais e nais do alumnado do centro cos titores e o equipo directivo. Premer aquí para acceder a circular.

Premios extraordinarios da ESO

O alumno Alejandro Cabal Tato participará maña, 8 de Outubro, nas probas  dos Premios extraordinarios da ESO. Ditas probas realizaránse no IES Sanchéz Cantón  en Pontevedra  dende ás 9:30 horas ata ás 14:00 horas.

Conferencia CAIXA GALICIA

O vindeiro venres 10 de Outubro ás 11:00 horas, na aula de Usos Múltiples,  haberá unha conferencia para os alumnos de Economía de 1º Bacharelato B e C.

Avaliacións iniciais

Premer aquí para ver o horario das avaliacións iniciais.

Novas optativas en Bacharelato

Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo. Premer aquí.

BENVIDA DA BIBLIOTECA

A biblioteca dá a benvida a toda a comunidade educativa do IES Manuel García Barros.

Circular comezo curso 2008-2009

Prema aquí, e accederá a información sobre o comezo do curso 2008-2009.

CLAUSTRO ORDINARIO

Convócase claustro ordinario para o vindeiro xoves, 18 de setembro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.

COMISIÓN PEDAGÓXICA

Convocáse á Comisión Pedagóxica para o vindeiro martes, 9 de setembro de 2008. Premer aquí para ver a orde do día.

CLAUSTRO ORDINARIO

Convócase claustro ordinario para o vindeiro mércores, 10 de setembro de 2008. Preme aquí para ver a orde do día.

Distribuir contido