PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

O pasado venres 25 de abril celebroúse en Santiago o acto de entrega dos premios á Innovación Educativa na Consellería de Presidencia. A dito acto acudiu  ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, onde   recibiu  o terceiro premio de máns da Conselleira de Educación  polo o seu traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".

VISITA AOS TELLADOS DA CATEDRAL

O vindeiro mércores 30 de abril os alumnos de 1º Bacharelato da asignatura de Relixión van visitar os tellados da Catedral de Santiago de Compostela. Sairán do centro ás 9:35 e regresarán ás 14:25 horas.

I MINI OLIMPIADA GALEGA DE QUÍMICA

Os alumnos Alejandro Cabal Tato, Alba Constenla Torrado, Lara Fuentes Enjamio e Paula Leis López  (4º ESO), dirixidos por Augusto Otero participarán na I Olimpiada Galega de Química organizada polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia que celebrarase na sua fase de zona o venres 25 de abril na Facultade de Química da USC. Para máis información premer aquí

PERMISOS, LICENZAS, PERSOAL DOCENTE

Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula o réxime de permisos e licenzas do persoal docente. Para acceder a ela, premer aquí.

PLANS AUTOEVALUACIÓN E MELLORA CALIDADE

Convócase a selección e renovación de plans de autoevalución e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso 2008-2009. Para ver a orde, premer aquí.

CLAUSTRO EXTRAORDINARIO

Convócase Claustro extraordinario para o martes 22 de abril de 2008. Para ver a orde do día, premer aquí.

BOLETÍN Nº 4

A biblioteca publica o seu Boletín nº 4 onde dá a coñecer as actividades a celebrar o Día do Libro (23 de abril) e as propostas do plan de lectura "Tempo de LEceR".

CONTACTO COA NATUREZA

Xa está en marcha o programa "Contacto coa natureza" organizado pola Deputación de Pontevedra para alumnos de 1º Bacharelato. Os alumnos interesados en participar deberán entregar a documentación no centro antes do día 16 de abril. Mais adiante informaráse das datas e da programación de dita actividade.

CAMPAÑA ANTICONTAMINACIÓN ACÚSTICA

Os alumnos de 3º ESO dirixidos por Miguel Carbajal comenzaron unha nova campaña de contaminación acústica no centro, basada noutra que fixeran en cursos pasados e que foi tomada como modelo polo MEC para campañas de Educación Ambiental. Consta de medición de datos de todas as dependencias do centro, presentación Powerpoint con todos os datos técnicos, deseño de pegatinas, planos do centro realizados polo profesor Xoán Xosé e os seus alumnos de Plástica. Neste proxecto colaborarán máis profesores do centro os que queremos dar o noso agradecemento.

PREMIO IX CONCURSO DE MÚSICA XIRADELA

O cuarteto de música tradicional  Retrouso da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande gañou o IX Concurso de música Xiradela, celebrado o domingo en Arteixo (A Coruña). En dita formación están dous alumnos do noso centro Noelia Bouzón (1º Bach) e Alejandro Ayude (3º ESO).

REUNIÓN SISTEMA SIXA (SISTEMA INFORMÁTICO DE XESTIÓN ACADÉMICA)

Hoxe mércores 9 de abril vaise celebrar no 2º recreo unha reunión informativa sobre o sistema informático de xestión académica (SIXA), de próxima implantación nos centros de ensino secundario da Estrada. Máis información nos arquivos adxuntos.

O MEU 1º VOO

Avísase do cambio de data da actividade, que realizaráse o vindeiro martes 15 de abril do 2008.

CALENDARIO DE FIN DE CURSO

O claustro ven de aprobar o calendario fin de curso. Podes descargalo en formato pdf aquí.

CALENDARIO DE EXAMES FINAIS DE PENDENTES

Xa están marcadas as datas dos exames finais de pendentes para o mes de maio, tanto para o Bacharelato como para a ESO. Podes consultalas no taboleiro de Secretaría ou ben descargarlas neste arquivo adxunto en *.pdf

CALENDARIO DE FIN DE CURSO: AVALIACIÓNS FINAIS

O claustro do MGB vén de aprobar o calendario de fin de curso 2007/08. As avaliacións de 2º de Bacharelato serán o 26 de maio, e as da ESO e 1º de Bacharelato entre os días 18 e 19 de xuño. Adxuntamos o horario completo en *pdf.

Distribuir contido