Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Equipo de NormalizaciónEquipo de Normalización lingüística Concurso de Carteis en defensa do GalegoNo IES Laxeiro celebramos un Concurso de Carteis en defensa do Galego, no que os gañadores/as recibirán diplomas e cheques regalo para empregar nalgunhas Librarías de Lalín. Na categoría A, Vanesa Lalín recibiu o 1º Premio, María Rodríguez o 2º Premio e o 3º foi para Natalia Otero. Na categoría B, foron Blanca Varela e Anabel Viana as gañadoras do 1º Premio, Uxía Adán e Estela Fidalgo gañaron o 2º Premio e Alba Vilariño o 3º. Na Galería de imaxes podedes ver os Carteis gañadores do Concurso. Alumnado de 1º ESO participa no " Correlingua".O 8 de maio celebrouse en Silleda o "Correlingua", unha marcha en favor do Galego na que o noso alumnado de 1º ESO participou expresando as súas ideas. Aquí podedes ver as pancartas que fixeron desde Plástica. Concurso "nove palabras que precisa o galego"Traballando e aprendendo linguas e os camiños dunhas a outras; coa pretensión de non pretender nada máis que ao pasar o tempo pensar que o perdimos ben perdido para que outr@s nos atopen, ... propoñemos este concurso no que poderás consultar as bases nesta ligazón www.laxastraducidas.blogspot.com Revista escolar: Kcharela 9 --> Edición dixitalNova edición, estreamos novo número, o número 9 da nosa revista escolar "Kcharela" aquí tendes a edición dixital: Premede na ligazón --->>> https://sites.google.com/site/kcharela9 Concurso de Blog´s do IES Laxeiro: Blogalízate!BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego e das TIC´... agora e cando anunciamos: Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do I Concurso de Blog´s en galego! 1º premio: eoquepensoeninguenovaicambiar.blogspot.com ---->> Mónica Jacobo Torres (4º ESO ) 2º premio: maiscercadacompeticion.blogspot.com ---->> Iván Álvarez Portela (4º ESO )
aínda que estes foron os tres mellores, tamén chegaron a ser finalistas... odiariodenayara.wordpress.com/ ---> Jasmín ( 4º ESO ) unsorrisonanenez.wordpress.com/ ---> Ana Belén ( 1º BAC ) lugaresfermosos.wordpress.com/ ---> Antía ( 1º BAC ) un saúdo, e vémonos para a entrega de premios! BloGalízate!BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Xa podedes participar no concurso de blog´s, só se precisa empregar o noso galego! Ata pronto e un saúdo, » Concurso de carteis: "Un decreto contra o galego"Os departamentos de Plástica e Normalización Lingüística convocaron un concurso de carteis para concienciar ao alumnado do centro sobre a negativa incidencia que ten o decreto de plurilingüismo no ensino. » Alumnos do Laxeiro no Ben FaladoNo programa Ben Falado da Televisión de Galicia que emitiron o pasado 10 de decembro participaron alumnos e alumnas do IES Laxeiro. As entrevistas que fixeron trataban principalmente das colaboracións na revista do Centro, A Cacharela. Podedes ver o programa directamente dende a páxina web da CRTVG. II Festival das Letras GalegasO pasado 29 de maio tivo lugar no patio do centro o II Festival das Letras Galegas. Foi unha xornada na que participou toda a comunidade escolar do instituto con moito interés e respecto polas actuacións desenvolvidas polo alumnado. Nestas actuacións houbo dende danzas renacentistas ata hip-hop con algunha que outra pincelada de música barroca, de canción tradicional e canción pop. Tamén contamos con grupos de percusión corporal, charanga, monólogos, demostracións de parkour e con unha exhibición de taqueos. Como colofón ao festival púxose en marcha o proxecto "Os ciclos xeran enerxía" consistente en producir electricidade para alimentar unha emisora de radioafeccionado a través das pedaladas de tres bicicletas. » |
Novos números
|