Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, P.A.S., Historia, Equipo directivo, Horario, Servizos, Xefatura de Estudos, Oferta Educativa, Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Novas de interese, Avaliacións e Exames, Convocatorias, DocumentaciónCALENDARIO FIN DE CURSO 2020 - 2021
DIRECCIÓN » Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2021-2022Desde o venres, día 25 de xuño, ata o luns , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores de réxime ordinario para o curso 2021-2022. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño). Para a modalidade de FPDual o período de inscrición abarca desde o 25 de xuño ata o venres 2 de xullo ás 13:00h. (Ver calendarios de proceso de admisión) Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 25 de xuño ata o 8 de outubro.
Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde tendes os seguintes arquivos: Normativa reguladora do proceso de admisión Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2021-2022 Calendario de admisión ordinaria Calendario de admisión FP Dual Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso) Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos ou módulos liberados Impreso matrícula ou renuncia » Calendario de exames finais xuño 2021 para ciclos e extraordinarios para 2º BacharelatoPublícase o calendario de exames finais de ciclos de Formación profesional e os extraordinarios de 2º Bacharelato curso 2020-2021 que terán lugar ao longo deste mes de xuño no IES Laxeiro
- Exames finais de ciclos : FP Básica - Medios - Superiores - Exames extraordinario de 2º Bacharelato
» Acto de Graduación "telemático" do noso Alumnado de 2º Bacharelato 2020-2021O alumnado de 2º de bacharelato quere facervos chegar a invitación, sobre todo para as familias, ao acto de graduación que se
A ligazón para o seu acceso e seguimento é: https://www.youtube.com/channel/UC37mC5F59cCeFIUqMFFnoIQ (facer Click na Ligazón!) Pedimos desculpas ás familias por non poder celebralo de xeito presencial, pero debemos manter as normas... e mais aínda neste curso tan intenso para eles e elas...
A Dirección do IES Laxeiro » ERASMUS +. Proxecto PRACTICUM - CONVOCATORIA 2021IES LAXEIRO. ERASMUS +. Proxecto PRACTICUM DEPO 2019 O alumnado interesado en participar nas mobilidades ofertadas no Proxecto ERASMUS + para o segundo semestre do ano 2021 deben formalizar a súa solicitude na secretaría do centro no prazo de dez días lectivos, ata o día 7 de maio de 2021.
https://www.depo.gal/es/erasmus-2021
» Realización enquisa "Convivencia Xestión 2021"De acordo coa Lei 4/2011 e o establecido no Decreto 8/2015 da convivencia e participación e dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia cunha periodicidade bianual. Por este motivo todo o persoal dos diferentes sectores da Comunidade Educativa do IES Laxeiro, Nais/Pais, Profesorado, Alumnado e Persoal non Docente, recibiredes un comunicado no que se entregará unha clave aleatoria para poder acceder á ferramenta tecnolóxica e así realizar a correspondente enquisa. Desde a Dirección do centro animamos a todos á súa realización e poranse todos os medios informáticos que sexan precisos , así como a información que sirva para aclarar dubidas que xurdan, recordando que esta enquisa é totalmente anónima e dentro da seguridade que presta o certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. O IES Laxeiro, premiado co Selo de Centro eTwinningA finais de marzo recibimos a magnífica nova de ser un dos 4 centros galegos premiados co selo de centro eTwinning 2021-2022. Un recoñecemento que só teñen o 2,3 % dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning (216.595). O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning polo equipo docente e o equipo directivo. Este logro, sen dúbida, non tivera chegado sen o tesón e o pulo da nosa compañeira e profesora de E. Plástica e Visual, Mar García Rodríguez, incansable na procura de contactos e tomando a iniciativa en case todos os proxectos levados a cabo. Ese traballo continuo e non sempre visible, co apoio incondicional do equipo directivo e do equipo docente, tróuxonos este premio europeo.
Na entrada do IES Laxeiro loce tamén a placa enviada polo Servicio Nacional de Apoyo eTwinnig co Selo de Calidade Nacional. Chegar a ser un centro eTwinning supuxo percorrer todo un camiño e un proceso final que contou con dúas fases. Que é ser un centro eTwinning e como se obtén este selo explícase aquí. Este fase final ten detrás un todo un camiño percorrido. » Probas libres bacharel para maiores de 20 anos
Probas para a obtención do título de bacharel (Resolución do 15 de febreiro DOG do 24 febreiro 2021) CONVOCATORIAS 2021 Data da Proba : 23 de abril de 2021. Período de inscrición: 03 ao 10 de marzo. Información en : https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238
» Probas libres Graduado Educación Secundaria Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (Resolución do 03 de febreiro DOG do 12 febreiro 2021) CONVOCATORIAS 2021 Proba Primeira convocatoria: 21 de maio. Período de inscrición: 08 ao 18 de marzo. Proba Segunda convocatoria: 10 de setembro. Período de inscrición: 1 ao 8 de xullo. Información en : http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33202 » Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2021Convocadas as probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores do ano 2021. No portal www.edu.xunta.es/fp pódese consultar toda a información relativa a esta convocatoria. Nos arquivos adxuntos podedes informarvos de todo o relativo ao proceso desta convocatoria. Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2021 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da A aplicación informática Ciclosprobas para a convocatoria 2021 estará dispoñible desde o día 18 de febreiro.
- Orde do 21de xaneiro de 2021 que regula a convocatoria - Información Probas de acceso a Ciclos Superiores - Información Probas de acceso a Ciclos Medios _ Guía do asistente informático grado superior - Guía do asistente informático grado medio
»
|
Novos números
|