Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Plástica e VisualHomenaxe a Miguelanxo Prado O próximo xoves cumprimos un dos nosos soños: recibir no noso centro a Miguelanxo Prado e nomear a aula de Plástica. Con el inauguramos asemade o Corredor das Artes. Caderno do proxecto Tunnel of TimeNo caderno do proxecto podemos ollar o resultado das tarefas realizadas polos estudantes dos catro países socios. A versión impresa do caderno está dispoñible nos centros escolares da comarca, biblioteca así como nas institucións colaboradoras. O filme do proxecto Tunnel of TimeO filme do proxecto Tunnel of Time, epítome do desenvolvemento do mesmo. A vida escolar nos centros participantes no proxecto Tunnel of TimeUn filme que mostra a vida durante o curso nas escolas socias no proxecto Erasmus+ 2017-19 Tunnel of Time. Montando a exposición final do proxecto no centro comercial PontiñasNo remate do noso proxecto Erasmus+ Tunnel of Time montamos unha exposición cos traballos realizados no centro comercial Pontiñas. Moitas grazas pola colaboración! Charla de difusión da visita ao Jynkänlahden koulu (Kuopio, Finlandia)O alumnado participante na cuarta actividade de ensino, aprendizaxe e formación do proxecto Tunnel of Time difunden a súa experiencia entre as e os compañeiras/os.
Participación do IES Laxeiro no encontro internacional en Kuopio (Finlandia)O IES Laxeiro participa, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, nun encontro internacional na cidade finesa de Kuopio xunto con delegacións do centro escolar Şehit Mehmet Şengül Ortaokulu, sito na cidade turca de Tekirdağ, do Collège Marthe Dupeyron, da vila francesa de Langogne e os seus correspondentes do Jynkänlahden koulu na cidade nórdica. Un total de 20 estudantes, 6 deles lalinenses de 4º de ESO, son acollidos por outras tantas familias de Kuopio, mergullándose deste xeito na vida local de modo completo e mesmo na escolar pois participan de boa parte das súas actividades, xa derradeiras ao remataren o curso escolar no mes de maio. » Na recta final do proxecto Erasmus+ Tunnel of TimeA piques de marchar para Kuopio, onde terá lugar a derradeira xuntanza entre os socios, enfiamos o tramo final do proxecto Eramus+ bianal Tunnel of Time. Aquí deixamos unha sinopse do fixemos máis algo do que pasou no noso instituto nestes dous anos:
Difusión da reunión en Langogne - FranciaO alumnado participante na actividade transnacional de aprendizaxe, ensino e aprendizaxe celebrada en Langogne (Francia), no marco do proxecto Tunnel of Time,difundiron o traballo e experiencias vividas no programa ao compañeiros-as de 4º e 1º de ESO. Aproveitamos tamén para dar a coñecer os programas que levamos a cabo en FP.
|
Novos números
|