Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Organigrama, Consello escolar, P.A.S., Equipo directivoAviso: Xa se poden recoller os Vales para adquirir material escolar
Xa se poden recoller os Vales para a compra de Material Escolar na secretaría do noso centro. O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 13:00.
Equipo Directivo IES Laxeiro Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato para o curso 2020-2021Publicamos información relativa aos procedementos para a reclamación das cualificacións. Igualmente sobre os prazos e datas segundo os niveis que se adoitan. Para acceder aos documentos adxuntos facer click!
Orde do 2 de marzo de 2021 procedemento de reclamación das cualificacións
Datas do procedemento nas reclamacións de 2º bacharelato curso 2020-2021
» Calendario de exames de setembro 2021Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2020-2021 no IES Laxeiro( Proximamente) Calendario bacharelato e adultos
» Relación de Libros de texto para o curso 21-22 no IES LaxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2021-2022. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro. -Relación de Libros Bacharelato -Relación de libros de adultos -Relación de libros Ciclos F.P
» CALENDARIO FIN DE CURSO 2020 - 2021
DIRECCIÓN » Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2021-2022Desde o venres, día 25 de xuño, ata o luns , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores de réxime ordinario para o curso 2021-2022. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño). Para a modalidade de FPDual o período de inscrición abarca desde o 25 de xuño ata o venres 2 de xullo ás 13:00h. (Ver calendarios de proceso de admisión) Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 25 de xuño ata o 8 de outubro.
Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde tendes os seguintes arquivos: Normativa reguladora do proceso de admisión Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2021-2022 Calendario de admisión ordinaria Calendario de admisión FP Dual Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso) Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos ou módulos liberados Impreso matrícula ou renuncia » Calendario de exames finais xuño 2021 para ciclos e extraordinarios para 2º BacharelatoPublícase o calendario de exames finais de ciclos de Formación profesional e os extraordinarios de 2º Bacharelato curso 2020-2021 que terán lugar ao longo deste mes de xuño no IES Laxeiro
- Exames finais de ciclos : FP Básica - Medios - Superiores - Exames extraordinario de 2º Bacharelato
» Acto de Graduación "telemático" do noso Alumnado de 2º Bacharelato 2020-2021O alumnado de 2º de bacharelato quere facervos chegar a invitación, sobre todo para as familias, ao acto de graduación que se
A ligazón para o seu acceso e seguimento é: https://www.youtube.com/channel/UC37mC5F59cCeFIUqMFFnoIQ (facer Click na Ligazón!) Pedimos desculpas ás familias por non poder celebralo de xeito presencial, pero debemos manter as normas... e mais aínda neste curso tan intenso para eles e elas...
A Dirección do IES Laxeiro » Realización enquisa "Convivencia Xestión 2021"De acordo coa Lei 4/2011 e o establecido no Decreto 8/2015 da convivencia e participación e dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia cunha periodicidade bianual. Por este motivo todo o persoal dos diferentes sectores da Comunidade Educativa do IES Laxeiro, Nais/Pais, Profesorado, Alumnado e Persoal non Docente, recibiredes un comunicado no que se entregará unha clave aleatoria para poder acceder á ferramenta tecnolóxica e así realizar a correspondente enquisa. Desde a Dirección do centro animamos a todos á súa realización e poranse todos os medios informáticos que sexan precisos , así como a información que sirva para aclarar dubidas que xurdan, recordando que esta enquisa é totalmente anónima e dentro da seguridade que presta o certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. O IES Laxeiro, premiado co Selo de Centro eTwinningA finais de marzo recibimos a magnífica nova de ser un dos 4 centros galegos premiados co selo de centro eTwinning 2021-2022. Un recoñecemento que só teñen o 2,3 % dos centros educativos europeos rexistrados en eTwinning (216.595). O selo de centro eTwinning recoñece o traballo realizado con eTwinning polo equipo docente e o equipo directivo. Este logro, sen dúbida, non tivera chegado sen o tesón e o pulo da nosa compañeira e profesora de E. Plástica e Visual, Mar García Rodríguez, incansable na procura de contactos e tomando a iniciativa en case todos os proxectos levados a cabo. Ese traballo continuo e non sempre visible, co apoio incondicional do equipo directivo e do equipo docente, tróuxonos este premio europeo.
Na entrada do IES Laxeiro loce tamén a placa enviada polo Servicio Nacional de Apoyo eTwinnig co Selo de Calidade Nacional. Chegar a ser un centro eTwinning supuxo percorrer todo un camiño e un proceso final que contou con dúas fases. Que é ser un centro eTwinning e como se obtén este selo explícase aquí. Este fase final ten detrás un todo un camiño percorrido. »
|
Novos números
|