Organigrama, Consello escolar, P.A.S., Equipo directivo

Suspensión do transporte escolar

Debido ás condicións meteorolóxicas suspéndese mañá , desde as 12:00 horas, ata o xoves día 23, o transporte escolar. En principio non se determina a suspensión da actividade docente, agás que as inclemencias do tempo así o determinaran. Por este motivo, o alumnado de transporte pode vir mañá ao centro pero non teñen garantido o regreso, dado que o servizo podería suspenderse a partires das 12 da mañá. O xoves, en cambio , non teñen garantido o servizo de transporte para acudir ao centro.

De todo o que vaia acontecendo, iremos informando vía pweb e con mensaxes a través de móbil.

Saúdos

 

A Dirección

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017.

O prazo estará aberto do 28 de febreiro ata o 27 de marzo. Dita convocatoria está regulada pola Orde de 2 de febreiro 2017 e explicada no cartel anunciador da xunta.Para calquera información acudir a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasle/ desde donde podedes tramitar a vosa solicitude ou ben imprimir a solicitude.

Orde 2 de febreiro de 2017

Cartel anunciador das actividades

 

O IES Laxeiro contra a violencia de xénero, un ano máis

O centro desprega a súa maquinaria igualitaria este 25 de novembro, aínda que non só, xa que todo o ano programa unha serie de actividades que poñen o foco na igualdade do home e da muller, tendo en conta que a nosa adolescencia construirá a sociedade do futuro. Un futuro que só pode ser mellor se os mozos e mozas que poboan as nosas aulas cren nun mundo igualitario e solidario. De aí que durante todo o ano diferentes organizacións e ONG paseen polos nosos corredores lembrando a todo o alumnado a importancia da construción social igualitaria.

Esta semana, a actividade do 25N céntrase nos seguintes aspectos:

.- Exposición de libros pola Igualdade baixo o cartel “Para que non exista a violencia debe existir a igualdade”

.- A primeira hora da mañá, para todo o centro, o alumnado de 4º ESO –C realizará unha performance que pon a ollada máis directa sobre o problema do control na adolescencia. Control das redes sociais e control do xeito de vestir, a performance é unha metáfora do que están a vivir unha parte de mozas e mozos na nosa sociedade actual.

.- Lectura de relatos e poemas en contra da violencia de xénero.

.- A segunda hora da mañá o alumnado de 1º de ESO realizará unha plantación de flores violetas en lembranza das mulleres asasinadas este ano 2016.

.- Durante os recreos, e no salón de actos, toda comunidade educativa está convidada a deixar a súa repulsa persoal contra esta lacra social.

.- “Homes pola igualdade”: fotografías de homes con diferentes lemas que apostan pola igualdade.

.- Ás 12, o alumnado de 4º de ESO estará no concello participando activamente na denuncia da violencia

.- O sábado 26 o alumnado dos clubs de lectura de 4º ESO e 1º Bacharelato serán contacontos de lecturas pola igualdade no Pontiñas.

Programa de Gratuidade de Libros de texto 2016-2017

Publicación das listaxes de adxudicación definitiva e complementaria dos libros de texto para os niveis de 1º ESO e 3º ESO para o curso 2016-2017

 

- Listaxe de adxudicación definitiva

- Listaxe de adxudicación complementaria

Relación de Libros de texto para o curso 16-17 no IES Laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2016-2017. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro.

-Relación de libros  ESO

-Relación de Libros de Bacharelato

-Relación de libros ce Ciclos F.P

-Relación de libros de Adulos

Quedaban pendentes para setembro as materias de L.Galega de 2º e 4º de ESO

Admisión ce Ciclos Medios e Superiores para o curso 2016-2017

Desde o luns, día 27 de xuño, ata o martes , día 5 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2016-2017. A Orde do 15 de xuño que regula este proceso de admisión sairá no DOG do vindeiro luns día 27. Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 27 de xuño ata o 7 de outubro.

Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde a partires do luns teredes o impresos de solicitude de admisión.

Entrega de notas 2015-2016

 

LUNS, 27 DE XUÑO ÁS 10:00h.

Entregaranse na aula correspondente do grupo

Nota: Ese día xa non haberá transporte escolar

PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO: PRIMEIROS PASOS PARA A MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

Este mércores pasado, 25 de maio,contamos coas compañeiras Kety e Begoña do IES Xulián Magariños de Negreira, que se encargan da coordinación de mediación e da orientación neste centro.


Compartiron a súa experiencia tanto na posta en marcha da mediación como na formación, difusión e continuidade do seu proxecto, no que se prima a mellora da convivencia, a autonomía e mellora das competencias sociais do alumnado participante e o fomento do diálogo na resolución de conflitos.

Foi unha pequena introdución para os interesados/as que acudimos: do IES  Laxeiro, do IES Aller, do IES Colmeiro…

Graciñas a Kety, Begoña e aos asistentes.

 

 

Convocadas as axudas para o Fondo Solidario, adquisición de Libros de Texto e material para o curso 2021-2022

Esta convocatoria ten por obxecto regular para o curso 21-22:

a) Participación no Fondo Solidario para os cursos 1º, 2º , 3º e 4º ESO

b) Axudas para adquirir material escolar.

ATENCIÖN.- Para os cursos 1º 2º -3º e 4º ESO no IES Laxeiro tan só se pode pedir axuda para adquirir material escolar, ao ser centro E_DIXGAL.

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro.

A forma de presentación ofrece dúas posibilidades:

a) Presentación no centro mediante a solicitude (Anexo I) e Anexo II que pode imprinir nos arquivos adxuntos

b) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace

     ENLACE SEDE ELECTRÓNICA PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE.

O prazo para a súa presentación remata o 22 de xuño de 2021 (Incluído)  

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en
ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese
matriculado no curso 2020/21. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite
a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido,

que será o encargado da súa gravación e tramitación

Devolución do libros de texto 2020-2021

O prazo máximo para devolver os libros de beneficiario(3º e 4º ESO) será o 22 de xuño de 2021

O alumnado de materias pendentes para setembro terán como prazo o 7 de setembro

A devolución dos libros é condición indispensable para ser beneficiario no seguinte curso.

Para máis información consultar no Portal da Xunta , na aplicación FONDOLIBROS ,na secretaría do centro e nos seguintes arquivos:

1.- Impreso de solicitude via presencial Anexo I

2.- Impreso  comprobación datos Anexo II

3.- Documento explicativo

4.- Orde de convocatoria

5.- Manual do cidadán. Fondolibros

 

 

AVISO:

Desde mañá , día ___ de xullo, xa están á dispor dos interesados/as os vales de material para o curso 21/22. Poden recollelos na secretaría do centro en horario . de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00h. Para alumnado promocionado en xuño e que xa está matriculado.

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

[01/02/2016] O día 1 de febreiro comeza o plazo para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Do 1 ao 15 de febreiro será o prazo para as reservas internas e de centros adscritos e do 1 ao 29 de marzo será o prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito.

En breve se publicará neste mesmo canle informativo o calendario de todo o proceso de admisión.

Información e documentación:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Anexo I: Reserva de praza interna (galego)

Anexo II: Formularios de admisión (galego)

 

 

Distribuir contido