Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Organigrama, Consello escolar, P.A.S., Equipo directivoInformación académica importante para alumnos/as de Ciclos Grao Medio e Superior. Aspectos lexislativosAo comezo dun novo curso é importante recordar aspectos lexislativos relacionados tanto coa matrícula coma o proceso do curso en xeral.Por ese motivo no seguinte esquema-resumo podes consultar algunhas consideracións de interese para o alumnado de Formación Profesional. Todos elas son situacións contempladas na lexislación relacionadas coa matricula e coa marcha do curso académico.Nos taboleiros das aulas tendes á vosa diposición esta información e para calquer dúbida acudide aos vosos titores/as ou á Secretaría do Centro. Información Becas para estudios postobrigatoriosA Resolución do 2 de agosto de 2012 (BOE do 14 de agosto) ven de convocar becas e axudas ao estudo para o curso académico 2012-2013 para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios. Máis concretamente convócanse becas para os seguintes estudos: - 1º e 2º cursos de bacharelato - Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior - Ensinanzas artísiticas profesionais - Ensinanzas deportivas - Estudos de idiomas en Escolas Oficiais - Ensinanzas artísiticas superiores - Estudos relixiosos superiores - Estudos militares superiores Convócanse axudas para os seguintes estudos: - Cursos de preparación para as probas de acceso - Programas de Cualificación Profesiona Inicial Requisitos , cuantías, tipos de becas, procedemento de presentación e demais cuestións podes consultalo no resumo da Resolución antes mencionada. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de outubro de 2012. Probas libres para a obtención de bacharelProbas para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos ( Resolución do 25 de maio de 2012 DOG do 7 de xuño ) CONVOCATORIA 2012 Período inscripción: 20 - 28 de setembro. Data da proba : 25 de outubro. Información xeral no seguinte ligazón Centros para inscripción e proba: a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña. b) IES San Clemente, Santiago de Compostela. c) Centro EPA Albeiros, Lugo. d) Centro EPA de Ourense, Ourense. e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra. f ) Centro EPA Berbés, Vigo. Acreditación de competencias por experiencia laboral . Convocatoria 2012A Orde do 29 de decembro de 2011(DOG do 9 de xaneiro de 2012) convoca o proceso de acredita¬ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe¬sionais. O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro de 2012 ao 15 de febreiro de 2012. A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor¬mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 16 de xaneiro de 2012. INFORMACIÓN: www.edu.xunta.es/fp Calendario de inicio do curso 2011-12Xoves, 15 de setembro:
Venres, 16 de setembro:
Luns, 19 de setembro:
Días 26 e 27 de setembro: festas locais en Lalín. Día 28 de setembro: reanudación das clases. Relación de Libros de Texto do IES.Laxeiro para o curso 2011-2012Pulícase o listado de Libros de Texto para o curso 2011-2012 no IES.Laxeiro de Lalín. Os listados da ESO coas súas diferentes modalidades de axudas, o listado de Bacharelato coas súas modalidades, listados de Ciclos Formativos Medios e Superiores e tamén da ESA de adultos, están presentes nesta información. A Dirección do IES.Laxeiro non se fai responsable do material non refrexado nestes listados. A Escola Cooperativa Móbil no IES Laxeiro de LalínA semana do 16 ao 20 de maio, os alumnos do IES Laxeiro de Lalín asistirán ás sesións da Escola Cooperativa Móbil, dentro da programación da campaña de divulgación das cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar. Os monitores especializados na materia exporán a alternativa do cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral e guiarán aos estudantes no desenvolvemento de proxectos cooperativos, a través de charlas e obradoiros Convocadas as axudas 2011 para alumnos/as de FCTCon data de 12 de maio ven de publicarse no DOG a Orde do 3 de maio pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo. No ligazón tendes a información correspondente a devandita solicitude. O prazo é de 31 días naturais a partires da súa publicación e a solictude debe realizarse no ANEXO I da presente Orde. Ademáis da solicitude debedes presentar como documentación : Certificado de residencia durante as prácticas e documento de entidad bancaria a voso nome. Podedes acceder ao impreso de solicitude a través da seguinte dirección: www.edu.xunta.es/fp/fct. Convocatoria de probas libres para obtención do título de graduado en Educación SecundariaCon data de 11 de maio de 2011 saiu publicada no DOGA a Resolución do 22 de abril pola que se ditan as instrucións para a realización das probas para obtención do título de Graduado de Educación Secundaria. Os prazos de inscripción serán desde o día 16 ao 27 de maio para a convocatoria de xuño e o 1 e o 2 de setembro para a convocatoria do mesmo mes. Os días fixados para a realización das probas serán o 14 de xuño e 9 de maio respectivamente.No arquivo adxunto pdes consultar máis información » Convocado concurso de méritos para selección e nomeamento de Directores de centros docentes públicosNo DOG do 25 de marzo sae publicada a Orde do 17 de marzo pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección de centros docentes públicos. Entre os centros que aparecen no Anexo 1 como vacantes figura o IES. Laxeiro, polo que se abre o período de presentación de solicitudes, para acceder á Dirección. O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, polo que rematará o 14 de abril.
|
Novos números
|