Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Organigrama, Consello escolar, P.A.S., Equipo directivoConvocadas becas e axudas para para niveis postobrigatorios non universitariosDende o 5 de xullo ata o 30 de setembro está aberto o prazo para poder solicitar becas e axudas de estudos postobrigatorios. A solicitude deberase facer VIA ON LINE a través da páxina www.educación.es e previamente o solicitante deberá rexistrarse coma usuario para poder tramitar a súa petición. Nos arquivos adxuntos podedes obter información correspondente. » Éxito rotundo dos alumnos/as do IES.Laxeiro nas PAAU 2010O 100% de alumnos de Bacharelato diurno do IES.Laxeiro veñen de superar as Probas de Selectividade que se celebraron en Santiago de Compostela. Sen dúbida un resultado que vén certificar que o camiño percorrido foi acertado. A este feito hai que engadir que a maioría destes alumnos/as poderán acceder aos estudos desexados debido aos resultados acadados. Subliñar que algúns deles, sumando a nota ponderada da parte específica das Probas de Selectividade , chegan a ter notas de acceso superiores a doce que lles permitirán entrar en calquera carreira do Sistema Universitario Galego . Estas cualifcacións sitúan a algúns deles entre os mellores de Galicia e por suposto na Comarca do Deza. Destacar entre todos eles a Paula Taboada Troitiño e Roi Gallego Fernández, que o vindeiro 9 de xullo acudirán ao Acto que terá lugar no Auditorio de Galicia e que servirá para premiar a aqueles alumnos/as que acadaron un nove ou superior na nota ponderada entre Bacharelato e as PAAU. Dende esta páxina Web, fiestra do noso Instituto, tan só agradecer a todos/as o esforzo realizado e o ter deixado o pavillón da nosa Comunidade Educativa nun nivel tan alto. ¡GRAZAS, CHAVALES! Aberto o prazo de reservas para os Ciclos Medios e SuperioresDesde o día 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar admisión en Ciclos Medios e Superiores para o curso 2010-2011. Nos arquivos adxuntos poderás consultar a información que necesites, así como a Oferta educativa do IES.Laxeiro e os impresos que deberás cubrir para reservar a túa praza. » Plan de Convivencia do I.E.S. LaxeiroDespois de moitas reunións e moito traballo xa foi elaborado o Plan de Convivencia. Desde a Comisión de Convivencia tratamos de que sexa un plan aplicable e práctico e que, sobre todo, axude a mellorar a convivencia no centro. Esperamos que sexa un punto de partida, xa que é un plan que revisaremos tódolos cursos, mellorando ou cambiando as actividades segundo a avaliación final que fagamos de cada unha delas. Tamén trataremos de darlle unha maior participación ao alumnado mediante a creación dos Consellos de Aula e mediante a dinamización da Asemblea de Delegados. O Plan xa foi aprobado polo claustro e polo Consello Escolar e será aplicado no vindeiro curso 2010-2011. » Probas libres para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria ( ESO )Convócanse probas para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria (ESO ) para alumnos/as que cumpran 18 anos o día anterior ao día da proba. Para máis infromación consultar o arquivo adxunto. » Lugar e data das probas de acceso a Ciclos MediosO IES. Pintor Colmeiro de Silleda acollerá o venres 4 de xuño as Probas de Acceso a Ciclos Medios. No arquivo que se adxunta pódese consultar máis cumprida información ao respecto
» Postura do Consello Escolar ante a remodelación da avenida Bos Aires
Con esta nota queremos facer chegar á Comunidade Educativa a postura acordada polo Consello Escolar ante a remodelación da Avenida Bos Aires, co fin de evitar malas interpretacións que poidan derivarse da rumoroloxía ou de escritos que xurdan doutras instancias. » Xornadas de Orientación Laboral no IES.LaxeiroOs días 23, 24 e 25 do mes de marzo terá lugar no IES. Laxeiro de Lalín unha nova edición das Xornadas de Orientación Laboral, nas que o eido agrario, as enerxías renovables , os procesos de selección e o futuro do automóbil serán algúns dos temas destacados . » Normativa de Actividades do CentroNo arquivo adxunto podedes consultar a Normativa de Actividades extraescolares do Centro » Persoal de Admon. e Servizos
|
Novos números
|