Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Convocadas as axudas para o Fondo Solidario, adquisición de Libros de Texto e material para o curso 2021-2022Esta convocatoria ten por obxecto regular para o curso 21-22: a) Participación no Fondo Solidario para os cursos 1º, 2º , 3º e 4º ESO b) Axudas para adquirir material escolar. ATENCIÖN.- Para os cursos 1º 2º -3º e 4º ESO no IES Laxeiro tan só se pode pedir axuda para adquirir material escolar, ao ser centro E_DIXGAL. A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro. A forma de presentación ofrece dúas posibilidades: a) Presentación no centro mediante a solicitude (Anexo I) e Anexo II que pode imprinir nos arquivos adxuntos b) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace ENLACE SEDE ELECTRÓNICA PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE. O prazo para a súa presentación remata o 22 de xuño de 2021 (Incluído) Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en
ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese
matriculado no curso 2020/21. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite
a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido,
que será o encargado da súa gravación e tramitación Devolución do libros de texto 2020-2021 O prazo máximo para devolver os libros de beneficiario(3º e 4º ESO) será o 22 de xuño de 2021 O alumnado de materias pendentes para setembro terán como prazo o 7 de setembro A devolución dos libros é condición indispensable para ser beneficiario no seguinte curso. Para máis información consultar no Portal da Xunta , na aplicación FONDOLIBROS ,na secretaría do centro e nos seguintes arquivos: 1.- Impreso de solicitude via presencial Anexo I 2.- Impreso comprobación datos Anexo II 5.- Manual do cidadán. Fondolibros
AVISO: Desde mañá , día ___ de xullo, xa están á dispor dos interesados/as os vales de material para o curso 21/22. Poden recollelos na secretaría do centro en horario . de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00h. Para alumnado promocionado en xuño e que xa está matriculado.
» |
Novos números
|