Orientación

Menos opcións para seguir o Bacharelato

00/00/
Array

Recentemente anunciouse que o Tribunal Supremo anulaba a opción de poder seguir avanzando no Bacharelato
se tés máis de 2 suspensas, anque na normativa se permitía completar
esas 4 con outras tantas de 2º, e non repetir todo Primeiro outra vez.

 

A medida era polémica.

  • -Por unha banda quen dicía que era darlle facilidades esaxeradas aos que cursan Bacharelato, e que non se ían esforzar, dado que podían matricularse en materias de 2º
  • -Por outra banda quen dicía que o Bacharelato en 2 anos é moi comprimido, e que daquel xeito, hoxe anulado, podían dosificar os esforzos, e rematar en 3 anos os contidos do Bacharelato
  • -Por
    outra banda,-- quen denunciou ao Supremo-- quen dicía que lles obrigaba
    --aos Centros privados de ensino relixioso-- a contratar máis persoal, e facer un curso "intermedio" máis.
  • -O tribunal Supremo di que a Normativa que o propuña é de menor rango que a Lei de Educación, e que se na Lei maior non di nada, na normativa menor non se pode reorganizar o Bacharelato.

 

 

 

Pero ¿Que pensan as familias, que teñen fillos e fillas no Bacharelato, ou en 4º da ESO?

 

 

 

 

 

 

 

 

Probas para INEF (Educación Fisica)

00/00/
Array

 

Para a xente que se queira formar a nivel universitario,

A Facultade de Ciencias do Deporte da Coruña (hai outra en Pontevedra)

convoca as probas de Avaliación previas (só hai que conseguir o APTO)

 -18 de abril (se estás xa preparada/o)

-25-26 de xuño (se non tés presa)

-22 de setembro (se ainda vas a quitar o curso a setembro)

 

Últimamente non soe haber problema de prazas.

Empeza o curso tamén en Orientación

00/00/
Array

        Á parte das novas incorporacións teremos este ano a unha compañeira de Audición e Linguaxe, provinte do IES Aller Ulloa: Sandra 

        E dicir que contamos coma sempre de apoio na Aula de apoio con Manuela García, veterana e experimentada compañeira.

 

Para o Plan de orientación deste curso, como novidades, consolidando todo o de outros anos:

  • Este ano tentaremos desenvolver máis a liña da Coeducación e enfoque de Xénero , nos ámbitos de Convivencia e Vocacional
  • Comprobaremos a efectividade dos novos Plans de Capacitación Profesional Inicial, con máis número de horas nas empresas.
  • Comprobaremos o apoio dos Reforzos de 2hrs en 1º e 2º ESO.

 

Obradoiro de Educación para a Igualdade de Xénero

O venres día 25 de abril visitaranos a poñente Dna. Maljorys del Carmen Peña para impartir un obradoiro de educación para a igualdade de xénero destinado ao alumnado de 2º de E.S.O. (grupos A e B).

Dna. Maljorys del Carmen Peña traballa na República Dominicana en institutos que reciben alumnado de barriadas conflitivas. Empéñase sobre todo en tratar o tema do desenrolo persoal e de respecto de xénero como instrumento máis do labor educativo e social.

Distribuir contido