Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
TaboleiroMES DA CIENCIA EN GALEGOO club de ciencia do IES Laxeiro celebra o mes da Ciencia en Galego coa realización dunha serie de actividades que permiten divulgar o coñecemento dun xeito diferente e accesible a toda a comunidade educativa. A programación inclúe proxeccións audividuais, elaboración de carteis en honor aos homenaxeados, exposicións científicas e talleres para experimentar.
Calendario setembro - Curso 2021-2022Publicamos información relativa a actividades no noso centro propias de comezo do mes de setembro... » Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC - Ano 2021-2022Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC [Ano 2021-2022], para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. O prazo comeza dende o 3 de Agosto ata o 30 de Setembro de 2021.
Para presentar a solicitude de xeito ON-LINE en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato para o curso 2020-2021Publicamos información relativa aos procedementos para a reclamación das cualificacións. Igualmente sobre os prazos e datas segundo os niveis que se adoitan. Para acceder aos documentos adxuntos facer click!
Orde do 2 de marzo de 2021 procedemento de reclamación das cualificacións
Datas do procedemento nas reclamacións de 2º bacharelato curso 2020-2021
» Relación de Libros de texto para o curso 21-22 no IES LaxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2021-2022. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro. -Relación de Libros Bacharelato -Relación de libros de adultos -Relación de libros Ciclos F.P
» Acto de Graduación "telemático" do noso Alumnado de 2º Bacharelato 2020-2021O alumnado de 2º de bacharelato quere facervos chegar a invitación, sobre todo para as familias, ao acto de graduación que se
A ligazón para o seu acceso e seguimento é: https://www.youtube.com/channel/UC37mC5F59cCeFIUqMFFnoIQ (facer Click na Ligazón!) Pedimos desculpas ás familias por non poder celebralo de xeito presencial, pero debemos manter as normas... e mais aínda neste curso tan intenso para eles e elas...
A Dirección do IES Laxeiro » ERASMUS +. Proxecto PRACTICUM - CONVOCATORIA 2021IES LAXEIRO. ERASMUS +. Proxecto PRACTICUM DEPO 2019 O alumnado interesado en participar nas mobilidades ofertadas no Proxecto ERASMUS + para o segundo semestre do ano 2021 deben formalizar a súa solicitude na secretaría do centro no prazo de dez días lectivos, ata o día 7 de maio de 2021.
https://www.depo.gal/es/erasmus-2021
» Realización enquisa "Convivencia Xestión 2021"De acordo coa Lei 4/2011 e o establecido no Decreto 8/2015 da convivencia e participación e dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia cunha periodicidade bianual. Por este motivo todo o persoal dos diferentes sectores da Comunidade Educativa do IES Laxeiro, Nais/Pais, Profesorado, Alumnado e Persoal non Docente, recibiredes un comunicado no que se entregará unha clave aleatoria para poder acceder á ferramenta tecnolóxica e así realizar a correspondente enquisa. Desde a Dirección do centro animamos a todos á súa realización e poranse todos os medios informáticos que sexan precisos , así como a información que sirva para aclarar dubidas que xurdan, recordando que esta enquisa é totalmente anónima e dentro da seguridade que presta o certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Probas libres bacharel para maiores de 20 anos
Probas para a obtención do título de bacharel (Resolución do 15 de febreiro DOG do 24 febreiro 2021) CONVOCATORIAS 2021 Data da Proba : 23 de abril de 2021. Período de inscrición: 03 ao 10 de marzo. Información en : https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238
» Probas libres Graduado Educación Secundaria Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (Resolución do 03 de febreiro DOG do 12 febreiro 2021) CONVOCATORIAS 2021 Proba Primeira convocatoria: 21 de maio. Período de inscrición: 08 ao 18 de marzo. Proba Segunda convocatoria: 10 de setembro. Período de inscrición: 1 ao 8 de xullo. Información en : http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33202 »
|
Novos números
|