Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Erasmus+ Tunnel of TimeProxecto Tunnel of Time
Os nosos contos favoritos: GaravanciñoAs alumnas e alumnos de 5 anos de Educación Infantil achégannos unha soberbia interpretación do coñecido conto de Garavanciño, a cal levamos a reunión transnacional en Tekirdag para amosar aos participantes dos países socios. Os nosos contos favoritos: Sabeliña e a mouraOs rapaces e rapazas de 4 anos que achegan e ilustran fantásticamente a lenda de Sabeliña e a moura para os noso proxecto. Logo do proxecto Tunnel of TimeXa temos logo do proxecto Tunnel of Time. Os votos dos participantes españois, fineses, franceses e turcos resultaron na elección, de entre os tres seleccionados en cada país, do logo dunha estudante finesa como logotipo oficial do proxecto no que participa o IES Laxeiro. Este é o elixido:
» Anxo Moure e alumnas-os do Laxeiro no CEIP M. RiveroDías atrás as nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero aprenderon e divertíronse coas historias de O carballo con botas, contadas de primeira man polo seu autor Anxo Moure. Son historias que defenden os bosques de carballos, teixos, bidueiros... e tentan fomentar o coidado do noso hábitat natural, frecuentemente ameazado desde diversas frontes. Concurso de logotipos Tunnel of TimeO alumnado de 3º e 4º de ESO participou no deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do proxecto Tunnel of Time. Velaquí unha mostra do proceso e dos logos presentados. O xurado, composto por catro alumnos-as de bacharelato e tres profesores, elixiu como finalistas » Visita e contacontos no CEIP Manuel RiveroAlumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Laxeiro, moitos deles membros do Club de Lectura do centro, visitaron hoxe as aulas de Educación Infantil do CEIP Manuel Rivero, no marco do proxecto Tunnel of Time. Hoxe levaron a cabo unha amena actividade introdutoria cos nenos e nenas de Educación Infantil do M. Rivero. Nunha sesión de contacontos, o alumnado do IES Laxeiro púxolle voz a contos e historias ilustrados que atentamente escoitaron os máis de 70 cativos e que supón o prefacio para próximas actividades conxuntas, na que contan tamén coa inestimable colaboración das profesoras do colexio.
» Visita á residencia As Dores no marco do proxecto Tunnel of Time - Erasmus+No día de hoxe visitamos a residencia As Dores, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. Unha toma de contacto dentro deste proxecto de colaboración cos tres países socios, Finlandia, Francia e Turquía. As actividades do proxecto levaranse a cabo dun modo parello nos tres países para logo compartir as experiencias. Xa que vivimos nun mundo cada vez máis interconectado, globalizado, onde cada vez nos movemos máis, é importante coñecer outras culturas, outras linguas e adquirir habilidades sociais, para a vida. Somos cidadáns europeos que temos ou teremos a posibilidade de traballar e vivir noutros países. E por iso queremos cooperar con xente doutros países pero tamén con persoas do noso pobo, de diferentes idades, achegándose a cultura e valores propios. Coñecer á residencia e os seus residentes é un primeiro paso.
|
Novos números
|