Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Erasmus+ Tunnel of TimeProxecto Tunnel of Time Na recta final do proxecto Erasmus+ Tunnel of TimeA piques de marchar para Kuopio, onde terá lugar a derradeira xuntanza entre os socios, enfiamos o tramo final do proxecto Eramus+ bianal Tunnel of Time. Aquí deixamos unha sinopse do fixemos máis algo do que pasou no noso instituto nestes dous anos:
Difusión da reunión en Langogne - FranciaO alumnado participante na actividade transnacional de aprendizaxe, ensino e aprendizaxe celebrada en Langogne (Francia), no marco do proxecto Tunnel of Time,difundiron o traballo e experiencias vividas no programa ao compañeiros-as de 4º e 1º de ESO. Aproveitamos tamén para dar a coñecer os programas que levamos a cabo en FP.
Estadía en Langogne (Francia) de alumnado do IES LaxeiroDo 7 ao 13 de febreiro unha delegación do IES Laxeiro atópase visitando a localidade francesa de Langogne, no departamento de Lozère, onde se atopa o Collège Marthe Dupeyron, a escola de acollida. Esta vila, medieval duns 3200 habitantes, constitúe a porta nordeste da rexión Languedoc-Rosellón. Esta visita enmárcase no proxecto Erasmus+ “Tunnel of Time”, cofinanciado pola Comisión Europea, no que o noso instituto participa xunto con centros de Finlandia, Turquía e Francia. Tras unha primeira presentación á comunidade escolar, a delegación internacional foi recibida polo alcalde do comuna, o equivalente ao noso concello.
Entrevistas sobre a vida laboralO alumnado participante no proxecto Tunnel of Time entrevistou a persoas xubiladas, en activo e responsábeis de negocios ou empresas locais de cara a obter unha modesta visión interxeracional. Os resultados compártense cos obtidos polos países socios e coméntanse nos espazos comúns e reunións internacionais. Epítome da reunión transnacional en Lalín Erasmus+Logo duns intensos días, o meeting in Lalín rematou. Velaquí unha síntese: < Obradoiro e contacontos con marionetas no CEIP M. RiveroNo derredeiro día do meeting in Spain, as alumnas e alumnos dos catro países socios participaron nun obradoiro co alumnado dos tres cursos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero. Organizados en grupos multinacionais, elaboraron marionetas que usaron para contar unha historia dunha nena moi interesada nunha profesión tradicionalmente masculina e promover a igualdade de oportunidades. Entrevistas sobre igualdadeOs nosos alumnos e alumnas realizaron máis de oitenta entrevistas/enquisas a persoas de diferentes grupos de idade para obter unha visión sobre asuntos de xénero ao longo de distintas xeracións. Este foron os resultados: Percorrido literario polos países socios no proxectoNa tarde do luns 28 de maio, durante o meeting in Spain, a profesora de Lingua Galega Gracia Santorum dirixiu un interesante percorrido pola presenza finesa, turca e francesa na nosa literatura; alumnos e alumnas anfitrións leron en galego fragmentos dalgunhas das obras literarias mentres que os/as acollidas/os o fixeron en inglés (nalgún caso ao revés, cun agradable e sorpresivo resultado). |
Novos números
|