Plan Proxecta, Eduresponsable, CP Innova, Outros programas, Listaxes de programas
OBRADOIROS DE DANZA E MÚSICA POLA IGUALDADE
Enviado por Silviabarja o Mar, 05/11/2024 - 13:01O venres 25 de outubro o alumnado de 3ºESO participou activamente nun obradoiro de danzas urbanas dirixido pola bailarina profesional e coreográfa Yara Juncal (3º ESO A) e nun obradoiro de música impartido pola cantante e compositora Wöyza (3ºESO B).
Esta actividade levouse en colaboración co Concello de Tui, dentro do programa Boas Vives.
Durante os obradoiros o alumnado preparouse para participar activamente no acto de conmemoración do 25N organizado polo Concello de Tui.
FORMACIÓN DE FAMILIAS: COMO FALAR CON FILLOS E FILLAS NA IDADE ADOLESCENTE
Enviado por Irene Mera o Mar, 05/11/2024 - 11:32O vindeiro luns 11 de novembro temos o pracer de contar co psicólogo Alberto Casqueiro Iglesias, con amplia experiencia na formación a familias en centros educativos e especialista na etapa adolescente. Convidámosvos a asistir a charla e inaugurar con nós esta nova etapa da formación de familias (ENAPAS).
Aberta a matrícula para o curso gratuíto de capacitación dixital.
Enviado por Irene Mera o Mar, 30/07/2024 - 10:35Aprende a usar un ordenador, navegar pola web ou comunicarte coa administración. O curso, que é de balde, comezará o vindeiro mes de setembro no IES Indalecio Pérez Tizón. A matrícula está aberta desde o 30 de xullo ao 3 de setembro. Infórmate chamando ao noso centro: 886110749 (de 9:30 a 12:30).
PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR (PDC) CURSO 2023-2024
Enviado por Irene Mera o Mér, 04/10/2023 - 23:00XORNADA "DONAS DE SI" (Plan proxecta)
Enviado por Silviabarja o Ven, 03/05/2024 - 12:47O venres 10 de maio o alumnado de 4ºESO e 1ºBacharelato participará na xornada "Donas de si" (Plan Proxecta Donas de si), que ten como finalidade visibilizar e pór en valor a participación e a produción das mulleres como pezas fundamentais no desenvolvemento da sociedade.
O alumnado de 1ºBach na charla da investigadora sanitaria Saida Ortolano (Hospital Álvaro Cunqueiro):
O alumnado de 1ºBach na charla da concelleira Ana Mª Núñez Álvarez (Concello Tui):
O alumnado de 4ºESO na charla da profesora Raquel Orozco da Escola de Enxeñaría de Minas (Universidade de Vigo):
O alumnado de 4ºESO na charla da profesora Belén Vaz Araújo da Facultade de Química (Universidade de Vigo):
O alumnado de 4ºESO na charla da médica de familia e Federación Española Laura Cabaleiro Castro:
Premio Vídeos Rosalía de Castro
Enviado por Alberto Valverde o Ven, 02/02/2024 - 11:20O Equipo de ENDL e o Departamento de Lingua Galega e Literatura convoca un premio sobre Rosalía de Castro.
No ficheiro adxunto podedes ver as bases
FORMAR AO PROFESORADO EN COMO XESTIONAR AS EMOCIÓNS É IMPRESCINDIBLE!
Enviado por Silviabarja o Mér, 24/01/2024 - 22:30Un grupo de 18 docentes participa no seminario “A saúde mental na adolescencia no IES Indalecio Pérez Tizón” (Plan de Formación Permanente do Profesorado) impartido por Olegaria Mosqueda Bueno, psicóloga educativa e membro do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e coordinado pola profesora Silvia Barja Fernández (departamento de bioloxía-xeoloxía e coordinación de igualdade).