Extraescolares e complementarias

Grande Magosto!

 Fotografía: Mª Sela Martínez González

O xoves 14 de novembro celebramos o Magosto no centro: castañas, xogos populares, cinzas na cara e algún chouripán que outro. Gracias a Cadavid por ser o gran mestre magosteiro; aos alumnos de 1º de Ciclo Medio de Electricidade, de 2º de Ciclo Medio de Comercio e de 2º de FP Básica, pola súa desinteresada colaboración no asado e reparto de castañas. Gracias a todos os profes que axudaron e participaron na festa e moi especialmente a aqueles que lles tocou andar co lume, Miguel, Geni e Sabela, e aos que organizaron os xogos populares, Toño, Betania e Alberto. E gracias a vós, os alumnos e alumnas, polos sorrisos, o humor, os folgos que lle botades a todo, as gañas de estar e de facer. Está é a vosa festa.

Formación teórico-práctica de Prevención de Riscos Laboráis Ciclo Medio Instalacións eléctricas e automatización

 

 

O pasado 23/10/24 tivemos a formación teórica-práctica en materia de Prevención de Riscos Laborais para os alumn@s de 1°Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automatización.

Foi impartida pola Fundación Laboral da Construción de Vigo e puideron probar os equipos de proteción: arnés, eslingas, cascos eléctricos etc...

#Prevencionruesgoslaborales, #Fundacionlaboralconstruccion#epis#

@flc_construcion

Entrevista a Paco Fernández e Miriam Burgos

Clicando na seguinte ligazón poderedes acceder á entrevista que o alumnado de 1º de bacharelato realizou a Paco e a Miriam, profes do centro que o vindeiro curso non estarán con nós, pero que deixan unha fonda pegada no Indalecio.

 

https://drive.google.com/file/d/14NlmGRNEQLbEEBmpOAQAC8f1XXr94-gi/view?usp=sharing

Exposición MEMORIA E PATRIMONIO

Dende o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui convidamos a toda a comunidade educativa a visitar a mostra Memoria e Patrimonio. Esta foi organizada por Ponte nas Ondas, entidade na que tamén colabora o centro, e estará a disposición de todos os visitantes de martes a venres en horario de tarde.

        

TRAILER DA CURTAMETRAXE DE 1º BAC A

Preme na imaxe para ver o trailer


 

CERTAME SABORES DO MUNDO 2022

CLICA NA IMAXE PARA CONSULTAR AS BASES DO CONCURSO 

 

 

 

ANOTÁDEVOS!

SCHOOL TRIP TO LONDON (4th ESO)

 

 

O pasado 17-20 de marzo un grupo de 30 alumnos de 4º ESO fixo unha viaxe cultural a Londres. Unha cidade infinita onde poden facerse mil e un plans: a oportunidade de visitar varios dos museos e galerías de arte máis importantes do mundo: British Museum, Natural History Museum, Victoria and Albert Museum, Tate Modern. ir de compras por Oxford Street, ver o cambio da garda en Buckingham Palace, probar a mellor street food do mundo no Borough Market, pasear por prazas icónicas como Picadilly Circus, Leicester Square ou Covent Garden, desfrutar de vistas panorámicas de monumentos como Houses of Parliament ou Tower Bridge...

 

CHARLA SOBRE NOVAS ADICCIÓNS: VIDEOXOGOS E APOSTAS ONLINE. 6 DE MARZO. 19:00

No marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna ofértase esta charla orientada a alumnado da ESA, familias e profesorado e que abordará a problemática e riscos das novas adiccións tales como os videoxogos ou  as apostas online.

A charla será impartida por persoal experto pertencente ás forzas de seguridade do estado e terá lugar no salón de actos do noso centro o mércores 6 de marzo ás 19:00 horas  (entrada ata completar aforo).

Premio Vídeos Rosalía de Castro

O Equipo de ENDL e o Departamento de Lingua Galega e Literatura convoca un premio sobre Rosalía de Castro.

No ficheiro adxunto podedes ver as bases

Rosalía de Castro, la escritora feminista que ensalzó la ...

Distribuir contido