Orientación
NOVIDADES FP. CURSO 2024-2025
Enviado por anonimo o Mér, 19/06/2024 - 10:23Clicando na seguinte LIGAZÓN podedes consultar as principais novidades na FP para o curso 2024-2025.
QUE PASA DESPOIS DA ESO?
Enviado por Irene Mera o Lun, 18/12/2023 - 12:44O Departamento de Orientación elaborou uns recursos para explicar ao alumnado na aula as posibilidades e opcións que se lles abren unha vez rematen a ESO. Co fin de que poidades velas na casa e afondar xunto aos vosos fillos e fillas sobre o seu contido, deixámosvolas nas seguntes ligazóns para que as consultedes.
Se tedes dúbidas podedes comentalas con Sara, a nosa orientadora, que vos atenderá encantada.
Iñaki Zubizarreta, un supervivinte do acoso escolar
Enviado por anonimo o Xov, 03/06/2021 - 10:07Iñaki Zubizarreta, ex-xugador de baloncesto, conta neste vídeo a súa terrible experiencia na escola, relatando como pensou incluso no suicidio polo maltrato constante ao que foi sometido polos seus compañeiros/as e profesores/as. Non vos perdades a súa testemuña e a lección que cabe extraer dela: hai que loitar contra o acoso escolar, do que son responsables os que o cometen e os que o permiten:
Elaboración da pócima "Convivamus"
Enviado por anonimo o Mér, 12/05/2021 - 11:10O equipo directivo, o equipo de Convivencia e o departamento de Orientación convídavos a participar na elaboración da pócima "Convivamus". Se tes algún problema con algún compañeiro/a, colle unha papeleta (que atoparás na mesana da cheminea), cúbrea e bótaa no caldeiro.
Charla sobre orientación universitaria
Enviado por anonimo o Mar, 11/05/2021 - 10:36O xoves 13 de maio virá un grupo de antigos/as alumnos/as para impartir unha charla informativa para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as carreiras universitarias que están a cursar na actualidade. Dende o centro queremos agradecer moitísimo a colaboración e boa disposición dos nosos antigos/as alumnos/as, que sempre serán máis que benvidos/as no noso instituto.
Día contra a Violencia de Xénero: No es normal
Enviado por anonimo o Mar, 17/11/2020 - 11:11Recomendamos esta interesante curtametraxe, chamada "No es normal", para o alumnado de 1º e 2º da ESO.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Enviado por anonimo o Lun, 26/10/2020 - 11:43DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
CURSO 2021-2022
PROFESOR/A | HORA DE ATENCIÓN A PAIS | CORREO ELECTRÓNICO |
MANUELA ÁLVAREZ XEFA DE DEPARTAMENTO |
VENRES, 8:45 a 9:35 | orientate.vigo@gmail.com |
SORAYA FERREIRA ÁLVAREZ | MÉRCORES, 9:35 a 10:25 | sorayaferreiraalvarez@edu.xunta.es |