Novas
Charla para as familias: Disciplina positiva e adolescencia
Enviado por Irene Mera o Ven, 15/11/2024 - 14:53
O vindeiro luns 18 de novembro contamos cunha nova charla orientada ás familias a cargo da psicóloga Andrea Do Campo. Co título Disciplina positiva e adolescencia, achegaranos propostas e estratrexias para abordar os desafíos que como pais e nais debemos afrontar nesta etapa. A charla será no salón de actos do centro a partir das 19:00 horas. Agardámosvos!
FORMACIÓN DE FAMILIAS: COMO FALAR CON FILLOS E FILLAS NA IDADE ADOLESCENTE
Enviado por Irene Mera o Mar, 05/11/2024 - 11:32O vindeiro luns 11 de novembro temos o pracer de contar co psicólogo Alberto Casqueiro Iglesias, con amplia experiencia na formación a familias en centros educativos e especialista na etapa adolescente. Convidámosvos a asistir a charla e inaugurar con nós esta nova etapa da formación de familias (ENAPAS).
REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO NO CENTRO
Enviado por Irene Mera o Mar, 03/09/2024 - 13:41Estimadas familias do alumnado de 1º ESO e 1º FP Básica:
O vindeiro luns, 9 de setembro, convidámosvos a unha reunión informativa que terá lugar no salón de actos do IES Indalecio Pérez Tizón ás 19:30 horas.
Agardando a vosa asistencia, recibide un cordial saúdo.
O equipo directivo.
Aberta a matrícula para o curso gratuíto de capacitación dixital.
Enviado por Irene Mera o Mar, 30/07/2024 - 10:35Aprende a usar un ordenador, navegar pola web ou comunicarte coa administración. O curso, que é de balde, comezará o vindeiro mes de setembro no IES Indalecio Pérez Tizón. A matrícula está aberta desde o 30 de xullo ao 3 de setembro. Infórmate chamando ao noso centro: 886110749 (de 9:30 a 12:30).
Xornada de portas abertas. Martes 25 de xuño 19h
Enviado por Irene Mera o Dom, 23/06/2024 - 09:13O martes 25 de xuño a partir das 19:00 faremos unha xornada de portas abertas para os que esteades interesados en coñecer o noso centro.
NOVIDADES FP. CURSO 2024-2025
Enviado por anonimo o Mér, 19/06/2024 - 10:23Clicando na seguinte LIGAZÓN podedes consultar as principais novidades na FP para o curso 2024-2025.
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25
Enviado por anonimo o Lun, 20/05/2024 - 10:16A partir do martes 21 de maio ábrese o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros de texto e material escolar, así como para participar no Fondo solidario de libros para o vindeiro curso 2024/25. O prazo está aberto do martes 21 de maio ata o venres 21 de xuño e os trámites presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora. Para máis información premer na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43218
PROBAS DE INGLÉS TRINITY
Enviado por anonimo o Mar, 07/05/2024 - 13:12
O pasado 14 e 16 de marzo celebráronse, un ano máis, no IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN as probas para acreditación da competencia lingüística nos niveis B1, B2 e C1 en Lingua Inglesa a través da empresa TRINITY.
O alumnado seleccionado tivo que demostrar as súas destrezas orais e escritas na lingua inglesa cunhas probas de comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita.
Este programa financiado enteiramente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades permitiu ao noso alumnado presentarse a ditas probas TRINITY de forma gratuíta.
Unha vez rematado o proceso de corrección das probas, damos os nosos PARABÉNS ao 80% dos alumnos que superaron as probas de forma satisfactoria e que xa poden acreditar cun Título Oficial de TRINITY a súa competencia en Lingua Inglesa.