AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

A partir do martes 21 de maio ábrese o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros de texto e material escolar, así como para participar no Fondo solidario de libros para o vindeiro curso 2024/25. O prazo está aberto do martes 21 de maio ata o venres 21 de xuño e os trámites presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora. Para máis información premer na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43218