Bioloxía e Xeoloxía

SEMANA MICOLÓXICA (11-15 NOVEMBRO 2024)

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía xunto coa Biblioteca organiza a Semana Micolóxica para por en valor o importante papel dos cogomelos no funcionamento e equilibrio do ecosistema do bosque galego. 

No cartaz pódese consultar as actividades programadas. 

 

ANÍMASE A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NO CONCURSO FOTOGRÁFIA MICOLÓXICA.

Como?

Enviando ao correo da biblioteca unha fotografía de cogomelos no seu hábitat natural. 

Indicar no correo: título da fotografía, nome e apelidos, e curso.

Programacións Proens

Programacións Proens Curso 22-23

Proaramación 1º ESO Bioloxía e Xeoloxía

Programación 3º ESO Bioloxía e Xeoloxía

Programación 1º Bacharelato Anatomía Aplicada

Programación 1º Bacharelato Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais

Programación de Bioloxía e Xeoloxía

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

CURSO 2022-2023

CURSO PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
2º e 4º ESO. 2º BAC

Programación didáctica. Cursos LOMCE

Adenda á PD

 

 

 

ANÁLISE NUTRICIONAL DA OFERTA ALIMENTARIA DA CAFETARÍA DO CENTRO

O alumnado de 1ºbacharelato na materia de Anatomía Aplicada realizou unha análise nutricional da oferta alimentaria da cafetaria do centro dentro do Plan Proxecta Nutriescolas.

O principal obxectivo do proxecto é que o alumnado adquira coñecementos, habilidades, valores e actitudes necesarios para poder realizar eleccións alimentarias saudables como método de prevención do sobrepeso e a obesidade, e patoloxías asociadas (diabetes, hipertensión, infarto, derrame cerebral, problemas óseos e inflamatorios, cáncer, ...). 

 

 

 

 

LIMOADA CONTRA O CANCRO!

O alumnado da materia de Anatomía Aplicada (Departamento Bioloxía-Xeoloxía) de 1ºBach organiza a "Limoada contra o cancro" durante os dous recreos do día 14 de maio. 

O diñeiro recadado foi doado a Asociación Española Contra o Cancro (AECC). 

Moitísimas gracias ao alumnado de Anatomía Aplicada pola súa gran inciativa e a colaboración de toda a comunidade educativa!

 

 

 

Acto de entrega do cheque co importe recadado:

 

 

Facebook AECC:

https://www.facebook.com/contraelcancer.pontevedra/posts/pfbid02wLdJHLsp.... Haga clic o pulse si confía en este vínculo." href="https://www.facebook.com/contraelcancer.pontevedra/posts/pfbid02wLdJHLspWZQLYdheoBfv66kiz9H8u2TCUVscmqqB5wFnwPBsrzTbC7RskVntwjj4l" rel="noopener noreferrer" target="PTxCn-nJgq5gknMzGvDo4cW" data-auth="Verified" data-linkindex="0">https://www.facebook.com/contraelcancer.pontevedra/posts/pfbid02wLdJHLspWZQLYdheoBfv66kiz9H8u2TCUVscmqqB5wFnwPBsrzTbC7RskVntwjj4l

Instagram AECC

https://www.instagram.com/p/C70-s5NMRRW/?img_index=1. Haga clic o pulse si confía en este vínculo." href="https://www.instagram.com/p/C70-s5NMRRW/?img_index=1" rel="noopener noreferrer" target="j8MKbaof4CZS3Xr4qsRa4xJ" data-auth="Verified" data-linkindex="1">https://www.instagram.com/p/C70-s5NMRRW/?img_index=1 

TABAQUISMO E VAPERS (AECC)

O alumnado de 3ºESO, 1ºbacharelato e FP básica asiste a unha charla sobre o tabaquismo e os vapers impartida por persoal especializado da Asociación Española Contra o Cáncro (AECC).

Actividade organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. 

 

 

 

Saída o río Delque

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía acudiu o pasado 12 de maio ao río Delque como actividade do Proxecto Ríos. Entre outras cousas, analizaron as súas augas e estudaron a súa botánica e zooloxía, como se ve nestas imaxes:

 

FOTOGRAFÍAS DA SAÍDA AO RÍO DELQUE

4º ESO. CURSO 21-22

Semana Internacional da Compostaxe

O 5 de maio de 2022 o noso alumnado de 3º ESO PMAR participou na Xornada de Divulgación da Compostaxe organizada polo concello de Tui:

 

Para máis información, preme na seguinte ligazón: INFOMIÑO

Día Internacional da Muller na Ciencia

 O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato do noso centro preparou unha estupenda exposición para conmemorar o Día Internacional da Muller na Ciencia, este ano adicado no noso centro ás meigas. Os nosos alumnos/as mostran nesta exposición as propiedades das plantas (curativas e velenosas), o papel da muller nestes primeiros anos de descubrimentos medicinais e consecuencias que para elas tiveron. 

Non vos perdades esta interesantísima exposición. Convidámosvos a que a visitedes na biblioteca e no taboleiro de biblioteca na entrada do centro.

Distribuir contido