ANPA

Charla para as familias: Disciplina positiva e adolescencia

 

O vindeiro luns 18 de novembro contamos cunha nova charla orientada ás familias a cargo da psicóloga Andrea Do Campo. Co título Disciplina positiva e adolescencia, achegaranos propostas e estratrexias para abordar os desafíos que como pais e nais debemos afrontar nesta etapa. A charla será no salón de actos do centro a partir das 19:00 horas. Agardámosvos!

COLABORACIÓN DA ANPA CONCORDIA CO MERCADO DE SEGUNDA MAN DE ASANOG

CONVOCATORIA DE REUNIÓN DA ANPA

RENOVACIÓN DA ANPA CONCORDIA

Prezadas familias

A nova directiva da ANPA Concordia quere saudarvos e poñerse á vosa disposición, para o que precisedes! Gustaríanos que nos achegárades as vosas propostas ou necesidades a través do noso correo electrónico anpaconcordia@gmail.com, do noso Instagram (anpaconcordia) ou a través do buzón da ANPA situado á entrada do instituto. 

 

II XORNADAS EDUCATIVAS - ANPAS DE TUI

XORNADAS DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS E DOCENTES. NUTRICIÓN E DIETÉTICA

 

*Acceso libre ata completar aforo

Charlas formativas sobre educación

As ANPA de Tui convidan a familias e docentes do IES Indalecio Pérez Tizón a participar nestas sesións formativas sobre tres temas distintos relacionados coa educación: saúde mental na adolescencia, técnicas de estudo e deberes e o enfoque restaurativo na disciplina educativa. No cartel que figura a continuación móstrase o lugar, día e horario de realización destas xornadas educativas. 

Distribuir contido