Outras actividades
Charla para as familias: Disciplina positiva e adolescencia
Enviado por Irene Mera o Ven, 15/11/2024 - 14:53
O vindeiro luns 18 de novembro contamos cunha nova charla orientada ás familias a cargo da psicóloga Andrea Do Campo. Co título Disciplina positiva e adolescencia, achegaranos propostas e estratrexias para abordar os desafíos que como pais e nais debemos afrontar nesta etapa. A charla será no salón de actos do centro a partir das 19:00 horas. Agardámosvos!
FORMACIÓN DE FAMILIAS: COMO FALAR CON FILLOS E FILLAS NA IDADE ADOLESCENTE
Enviado por Irene Mera o Mar, 05/11/2024 - 11:32O vindeiro luns 11 de novembro temos o pracer de contar co psicólogo Alberto Casqueiro Iglesias, con amplia experiencia na formación a familias en centros educativos e especialista na etapa adolescente. Convidámosvos a asistir a charla e inaugurar con nós esta nova etapa da formación de familias (ENAPAS).
PROBAS DE INGLÉS TRINITY
Enviado por anonimo o Mar, 07/05/2024 - 13:12
O pasado 14 e 16 de marzo celebráronse, un ano máis, no IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN as probas para acreditación da competencia lingüística nos niveis B1, B2 e C1 en Lingua Inglesa a través da empresa TRINITY.
O alumnado seleccionado tivo que demostrar as súas destrezas orais e escritas na lingua inglesa cunhas probas de comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita.
Este programa financiado enteiramente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades permitiu ao noso alumnado presentarse a ditas probas TRINITY de forma gratuíta.
Unha vez rematado o proceso de corrección das probas, damos os nosos PARABÉNS ao 80% dos alumnos que superaron as probas de forma satisfactoria e que xa poden acreditar cun Título Oficial de TRINITY a súa competencia en Lingua Inglesa.
Reunións dos titores/as coas familias. Curso 2022-2023
Enviado por anonimo o Xov, 15/09/2022 - 16:474º CONGRESO EDUCODS 2030
Enviado por Irene Mera o Lun, 03/06/2024 - 18:39Do 4 ao 7 de xuño celébrase no Paseo da Corredoira de Tui o 4º Congreso Educativo EDUCODS 2030. É unha iniciativa do CEIP Nº 1 de Tui no que participan numerosos centros de ensino, entre eles o IES Indalecio Pérez Tizón.
Consulta a localización e o programa nos arquivos adxuntos
Accede A PRESENTACIÓN do alumnado participante
https://www.youtube.com/watch?v=3y-aH7vcEK0
"A pouca fortuna", poema en conmemoración do 25N
Enviado por Irene Mera o Lun, 27/11/2023 - 12:42O poema "A pouca fortuna" foi escrito polo alumnado de 4º PDC para participar con el no concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais convocado pola Secretaría xeral de igualdade e a Dirección xeral de ordenación e innovación educativa co motivo da conmemoración do 25N. Se queres ver o video, prema na imaxe:
CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL E CONSUMO DE PORNOGRAFÍA
Enviado por Irene Mera o Xov, 23/11/2023 - 13:34CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Enviado por anonimo o Ven, 21/04/2023 - 09:32Podedes consultar as bases do concurso premendo nesta LIGAZÓN
Presentación sobre diversidade
Enviado por anonimo o Xov, 17/03/2022 - 12:10A nosa alumna Aroa Pérez Cabaleiro elaborou esta esclarecedora e fantástica presentación sobre a diversidade afectivo-sexual como parte do seu traballo da materia de Comentario de texto de 2º Bacharelato. Nesta presentación aclara moitos termos que a miudo son confundidos ou descoñecidos pola maioría de nós, e, como se trata dun traballo tan interesante, propoñémovos a todos/as que lle botedes un ollo e que o empreguedes como parte de material didáctico para titorías: