Novidades

FORMACIÓN DE FAMILIAS: COMO FALAR CON FILLOS E FILLAS NA IDADE ADOLESCENTE

O vindeiro luns 11 de novembro temos o pracer de contar co psicólogo Alberto Casqueiro Iglesias, con amplia experiencia na formación a familias en centros educativos e especialista na etapa adolescente. Convidámosvos a asistir a charla e inaugurar con nós esta nova etapa da formación de familias (ENAPAS).

Formación teórico-práctica de Prevención de Riscos Laboráis Ciclo Medio Instalacións eléctricas e automatización

 

 

O pasado 23/10/24 tivemos a formación teórica-práctica en materia de Prevención de Riscos Laborais para os alumn@s de 1°Ciclo Medio de Instalacións eléctricas e automatización.

Foi impartida pola Fundación Laboral da Construción de Vigo e puideron probar os equipos de proteción: arnés, eslingas, cascos eléctricos etc...

#Prevencionruesgoslaborales, #Fundacionlaboralconstruccion#epis#

@flc_construcion

REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO NO CENTRO

Estimadas familias do alumnado de 1º ESO e 1º FP Básica:

O vindeiro luns, 9 de setembro, convidámosvos a unha reunión informativa que terá lugar no salón de actos do IES Indalecio Pérez Tizón ás 19:30 horas.

Agardando a vosa asistencia, recibide un cordial saúdo.

O equipo directivo.

NOVIDADES FP. CURSO 2024-2025

Clicando na seguinte LIGAZÓN podedes consultar as principais novidades na FP para o curso 2024-2025.

BOLSAS DO MEC CONVOCATORIA 2024

No arquivo adxunto podedes consultar o procedemento para soliciar as bolsas do Ministerio de Educaión para o curso 2024-2025. Para calquer dúbida consultade co Departamento de Orientación do centro.

PROBA ABAU E ACCESO A UNIVERSIDADE

Clicando NESTA LIGAZÓN podedes acceder á información sobre a proba ABAU e o proceso de acceso á Universidade.

CONVOCADAS AS PROBAS DE ADMISIÓN AO INEFG

Convocatoria das probas específicas de acceso aos estudos de grado en Ciencias da actividade física e do deporte, da facultade de Ciencias do deporte e da educación física da Universidade de A Coruña (UDC) para o curso acedémico 2024-2025.

Información sobre a convocatoria e a inscrición nas probas de admisión NESTA LIGAZÓN.

 

 

QUE PASA DESPOIS DA ESO?

O Departamento de Orientación elaborou uns recursos para explicar ao alumnado na aula as posibilidades e opcións que se lles abren unha vez rematen a ESO. Co fin de que poidades velas na casa e afondar xunto aos vosos fillos e fillas sobre o seu contido, deixámosvolas nas seguntes ligazóns para que as consultedes.

 

 

Se tedes dúbidas podedes comentalas con Sara, a nosa orientadora, que vos atenderá encantada.

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL E CONSUMO DE PORNOGRAFÍA

A Sede Afundación de Santiago de Compostela acollerá o próximo martes 12 de decembro  a intervención de  JOSÉ LUIS GARCÍA, sobre Educación sexual e consumo de pornografía que se emitirá tamén no canal Afundación TV ás 19:00 e que está específicamente orientada a profesorado e familias. José Luis García é doutor en Psicoloxía e especialista en sexoloxía, experto en condutas aditivas asociadas ao consumo de pornografía en menores. Podedes reservar a asistencia online á charla premendo AQUI
 
 
 
 

Información: FP Básica de carpintería e moble

Se vas cursar unha FP Básica e aínda non te decantas por ningunha, o IES Salvaterra de Miño ofrece o seguinte tríptico informativo sobre a FP Básica de Carpintería e Moble que se imparte no seu centro:

TRÍPTICO INFORMATIVO FP BÁSICA CARPINTERÍA E MOBLE

 

Distribuir contido