Novidades

Iñaki Zubizarreta, un supervivinte do acoso escolar

Iñaki Zubizarreta, ex-xugador de baloncesto, conta neste vídeo a súa terrible experiencia na escola, relatando como pensou incluso no suicidio polo maltrato constante ao que foi sometido polos seus compañeiros/as e profesores/as. Non vos perdades a súa testemuña e a lección que cabe extraer dela: hai que loitar contra o acoso escolar, do que son responsables os que o cometen e os que o permiten:

 

Elaboración da pócima "Convivamus"

O equipo directivo, o equipo de Convivencia e o departamento de Orientación convídavos a participar na elaboración da pócima "Convivamus". Se tes algún problema con algún compañeiro/a, colle unha papeleta (que atoparás na mesana da cheminea), cúbrea e bótaa no caldeiro.

 

 

Charla sobre orientación universitaria

O xoves 13 de maio virá un grupo de antigos/as alumnos/as para impartir unha charla informativa para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as carreiras universitarias que están a cursar na actualidade. Dende o centro queremos agradecer moitísimo a colaboración e boa disposición dos nosos antigos/as alumnos/as, que sempre serán máis que benvidos/as no noso instituto.

Cambio de datas nas probas libres de ciclos formativos

Informamos de cambios de datas no calendario de probas libres que aumentan o tempo de matrícula para as persoas adxudicadas tendo en conta a coincidencia con festivos. A data final de matrícula para as persoas adxudicadas remata o día 19 de maio ás 13:00h e o comezo da adxudicación continuada e da liberación de prazas será o día 21 de maio ás 9:00h.

Aproveitamos a ocasión para indicarlles a forma de incluír o motivo de exclusión nas solicitudes no que o documento do título é incorrecto:

Unha vez validada a solicitude polo centro, debese ir polo apartado 3.1. Ao buscar por DNI, "Ver historial", seleccionar a pestana "Proba libre" hai que premer en "Ver solicitude". Debaixo do Acceso seleccionado hai un apartado para marcar un recadro de "O documento do título é incorrecto" que abre un despregue con diferentes opcións. Deberase seleccionar a máis adecuada de todas as existentes para que saia na listaxe o motivo de exclusión.

Lembren verificar por esta vía que todas as solicitudes que non cumpren o requisito de acceso están co motivo de exclusión perfectamente seleccionado.

CALENDARIO PROBAS LIBRES DE CICLOS FORMATIVOS

Novo contido na páxina web: "Saúde Xove"

Infórmase a toda a comunidade escolar de que se habilitou nesta web unha ligazón nova, Saúde Xove, no sector destinado a orientación. Este link conduce a unha páxina creada pola Asociación de Pediatría que contén diversas informacións que atinxen á saúde de adolescentes (sexualidade, alimentación, exercicio, ocio e tempo libre...), todos eles contidos moi interesantes e veraces que poden ser consultados de forma libre e gratuita. Esperamos que sexa de utilidade para toda a comunidade educativa.

Taller da Cruz Vermella: Adicións "con e sen substancias"

 

De xeito voluntario, podedes cubrir a seguinte enquisa: https://bit.ly/323Nxlv

Cancións contra a violencia de xénero

Deixámosvos nesta entrada unha ligazón que leva a unha lista de cancións feita dende o concello de Valencia, de diferentes xéneros musicais (pop, rock...), contra a violencia de xénero. Neste documento non só poderedes ler as letras, senon tamén escoitar os temas:

CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Actividade: A publicidade e o sexismo

ACTIVIDADES SOBRE O SEXISMO NA PUBLICIDADE

A continuación, móstrase unha ligazón a un blog onde tamén se pode traballar esta temática:

OS PRODUTOS NON TEÑEN XÉNERO

Visita da Asociación Transmiño

Ao longo do mes de novembro o noso alumnado da ESO estivo a partipar nuns talleres sobre igualdade e LGTBI desenvolvidos pola asociación Transmiño.

Queremos agradecer á asociación e aos relatores o seu traballo e boa disposición de cara o noso alumnado. Estades convidados a volver cando queirades:

 

Distribuir contido