Tecnoloxía

Fotos da conferencia "Bacterias comeplásticos"

Onte, 29 de novembro de 2021, a profesora da USC Sabela Balboa visitou o noso centro para impartir a conferencia "Bacterias comeplásticos". O noso alumnado de 1º Bacharelato A quedou encantado coa súa exposición, e todo o centro (particularmente o profesorado que integra os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía e Vicedirección) está moi agradecido á deputación de Pontevedra, á Real Academia Galega das Ciencias e, especialmente, á conferenciante, Sabela Balboa, quen desenvolveu unha charla sobre a contaminación plástica, as bacterias comeplásticos e sobre os estudos que están a levar a cabo ela máis o seu equipo de investigadores da USC, dun xeito ameno e interesante. Estaremos encantados/as de que repita a experiencia cando queira.

Velaquí vos deixamos as fotos da conferencia:

IMAXES CONFERENCIA DE SABELA BALBOA

RAGC: Conferencia de Sabela Balboa

O vindeiro luns 29 de novembro, o alumnado de 1º Bacharelato A recibirá unha conferencia, "Bacterias comeplásticos", grazas á iniciativa da Real Academia Galega das Ciencias e da profesora Sabela Balboa, que terá a deferencia de vir a o noso centro para impartila. 

 VIDEO DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Departamento de Tecnoloxía

 

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

CURSO 2023-2024

 

PROFESOR/A HORA DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS CORREO ELECTRÓNICO

JOSÉ LEMOS JORGE

XEFE DE DEPARTAMENTO

 MARTES, DE 9:35 A 10:25 tecnolemos2122@gmail.com
FÁTIMA MARÍA VEIGA TEIJEIRA  LUNS, DE 16:30 A 17:20 tecnorobotgalicia@gmail.com
VÍCTOR MANUEL TÁBOAS COSTAS  LUNS, DE 11:35 A 12:25 vicmatacos@gmail.com
CRISTINA RODRÍGUEZ ORTEGA LUNS DE 17:20 A 18:10  
Distribuir contido