Localización e contacto
¿Onde estamos?
Enviado por anonimo o Mar, 14/07/2009 - 10:01Enderezo: Avenida da Concordia s/n. 36700 Tui (Pontevedra.
O noso centro está localizado na comarca do Baixo Miño, concretamente en Tui, concello cabeceira de comarca,
Os nosos teléfonos son : 886110749 e o fax 886110759
O correo electrónico: ies.indaleciopereztizon@edu.xunta.gal
Para chegar ao noso centro, só tes que seguir as indicacións do mapa.
Tui ten unha situación xeográfica fronteiriza coa veciña Valença (Portugal) separados/unidos polo río Miño, na que conflúen importantes vías de comunicación terrestres; ademais está preto (nun radio de 30 km) de importantes cidades e vilas galegas (Vigo, Porriño, A Guarda, Redondela, Salvaterra, Salceda de Caselas, Tomiño,...) e portuguesas (Caminha, Viana de Castelo, Monçao, Braga, ...). Por todo isto e moito máis é o centro administrativo, comercial, de divertimento, ... da bisbarra do BaixoMiño.
O noso concello tudense está situado á beira do río Miño, ó longo duns 10 quilómetros de terras chairas, vizosas e cheas de recunchos naturais dunha gran beleza. Pero non todo é río, tamén é montaña, ... o monte Aloia (uns 680 m de altitude) coroa estas fermosas terras e dende el a vista goza dunhas incomparables panorámicas sobre o val do río Louro, o do Miño e o seu esteiro, as Illas Cíes e o seu mar.
A seguir tes un mapa coas parroquias de Tui.
Pequeniña historia de Tui
Enviado por anonimo o Dom, 03/01/2010 - 19:58
Tui ten unha orixe lendaria como corresponde ó seu privilexiado e elevado emprazamento á beira do río Miño na fronteira con Portugal.
A Tude romana era un importante núcleo administrativo e militar.
No tempo dos suevos/as adquire aínda maior relevancia ó ser o centro do seu dominio.
Cando andaban por aquí os visigodos, chegou a ser berce dalgún rei (o famoso Witiza).
Ata a Baixa Idade Media os tudenses asentáronse no actual barrio de San Bartolomeu. Do antigo mosteiro, que era sede episcopal só se conserva a Igrexa Románica. A súa fachada e o artístico cruceiro son do século XVIII.
Logo de diversos ataques e saqueos dos musulmáns e pobos nórdicos, a partires do século XI, prodúcese un rexurdimento en torno ó Bispado debido ás numerosas doazóns e privilexios reais situándose a cidade amurallada no outeiro actual(S.XII). Destas murallas só se conserva o tramo fronte á rúa Ordoñez e á Porta Pía.
A Catedral (S.XII e XIII) coroa a cidade e dálle un aspecto de fortaleza. Ten unha estrutura románica e remate gótico, cun fermoso pórtico que é a obra máis antiga do gótico na Península Ibérica.
Dende o século XII adquire carácter fronteirizo ó constituírse Portugal como reino independente.
Foi capital de provincia do Antigo Reino de Galicia dende 1623 ata 1833.
Na nosa vila celebráronse os Primeiros Xogos Florais de Galicia.¨É de destacar nos tempos máis recentes nesta comarca a importante loita antiforal, Mártires de Sobredo, e antifascista, Mártires daRepública.
Ese esplendoroso pasado histórico converte á actual zona vella de Tui nun conxunto monumental artístico de beleza singular, e ós seus arredores nunha ampla zona de grande riqueza patrimonial, que podendes observar na páxina do concello. Pinchando en "Tui" accederedes a ela.