¿Onde estamos?
Enderezo: Avenida da Concordia s/n. 36700 Tui (Pontevedra.
O noso centro está localizado na comarca do Baixo Miño, concretamente en Tui, concello cabeceira de comarca,
Os nosos teléfonos son : 886110749 e o fax 886110759
O correo electrónico: ies.indaleciopereztizon@edu.xunta.gal
Para chegar ao noso centro, só tes que seguir as indicacións do mapa.
Tui ten unha situación xeográfica fronteiriza coa veciña Valença (Portugal) separados/unidos polo río Miño, na que conflúen importantes vías de comunicación terrestres; ademais está preto (nun radio de 30 km) de importantes cidades e vilas galegas (Vigo, Porriño, A Guarda, Redondela, Salvaterra, Salceda de Caselas, Tomiño,...) e portuguesas (Caminha, Viana de Castelo, Monçao, Braga, ...). Por todo isto e moito máis é o centro administrativo, comercial, de divertimento, ... da bisbarra do BaixoMiño.
O noso concello tudense está situado á beira do río Miño, ó longo duns 10 quilómetros de terras chairas, vizosas e cheas de recunchos naturais dunha gran beleza. Pero non todo é río, tamén é montaña, ... o monte Aloia (uns 680 m de altitude) coroa estas fermosas terras e dende el a vista goza dunhas incomparables panorámicas sobre o val do río Louro, o do Miño e o seu esteiro, as Illas Cíes e o seu mar.
A seguir tes un mapa coas parroquias de Tui.