Actividades

OBRADOIROS DE DANZA E MÚSICA POLA IGUALDADE

O venres 25 de outubro o alumnado de 3ºESO participou activamente nun obradoiro de danzas urbanas dirixido pola bailarina profesional e coreográfa Yara Juncal (3º ESO A) e nun obradoiro de música impartido pola cantante e compositora Wöyza (3ºESO B). 

Esta actividade levouse en colaboración co Concello de Tui, dentro do programa Boas Vives.

Durante os obradoiros o alumnado preparouse para participar activamente no acto de conmemoración do 25N organizado polo Concello de Tui. 

 

TÚAS INQUEDANZAS SOBRE A DISCAPACIDADE

 

Deixanos a túas inquedanzas, curiosidades ou dúbidas sobre as persoas con discapacidade para que as personas da Asociación Down Vigo as resolva o martes 03 de decembro na charla que impartirá ao alumnado do noso centro para conmemorar o día internacional das persoas con discapacidade.  

Prazo: do 07 ao 18 de novembro.

 

Equipo de Igualdade, Convicencia e Benestar.

XINCANA INCLUSIVA E SOLIDARIA

   

 

          

No noso entorno educativo é fundamental recoñecer e valorar as diferenzas que existen entre o alumando. Cada estudante aporta unha diversidade de experiencias, habilidades e necesidades que enriquecen as nosas aulas.

O noso obxectivo é empatizar con estas situacións, comprender as particularidades de cada persoa e responder adecuadamente as súas necesidades, a través deste tipo de actividades.

Para nós a inclusión non é solo un obxectivo, senón un compromiso diario para crear unha comunidade educativa na que cada persoa sinta que é valorada e apoiada polos demais.

(Alumnado 1º bacharelato)

 

Colaboración coa ONG Save the children.

 

4º CONGRESO EDUCODS 2030

Do 4 ao 7 de xuño celébrase no Paseo da Corredoira de Tui o 4º Congreso Educativo EDUCODS 2030. É unha iniciativa do CEIP Nº 1 de Tui no que participan numerosos centros de ensino, entre eles o IES Indalecio Pérez Tizón.

Consulta a localización e o programa nos arquivos adxuntos

 

Accede A PRESENTACIÓN do alumnado participante

https://www.youtube.com/watch?v=3y-aH7vcEK0

  

LIMOADA CONTRA O CANCRO!

O alumnado da materia de Anatomía Aplicada (Departamento Bioloxía-Xeoloxía) de 1ºBach organiza a "Limoada contra o cancro" durante os dous recreos do día 14 de maio. 

O diñeiro recadado foi doado a Asociación Española Contra o Cancro (AECC). 

Moitísimas gracias ao alumnado de Anatomía Aplicada pola súa gran inciativa e a colaboración de toda a comunidade educativa!

 

 

 

Acto de entrega do cheque co importe recadado:

 

 

Facebook AECC:

https://www.facebook.com/contraelcancer.pontevedra/posts/pfbid02wLdJHLsp.... Haga clic o pulse si confía en este vínculo." href="https://www.facebook.com/contraelcancer.pontevedra/posts/pfbid02wLdJHLspWZQLYdheoBfv66kiz9H8u2TCUVscmqqB5wFnwPBsrzTbC7RskVntwjj4l" rel="noopener noreferrer" target="PTxCn-nJgq5gknMzGvDo4cW" data-auth="Verified" data-linkindex="0">https://www.facebook.com/contraelcancer.pontevedra/posts/pfbid02wLdJHLspWZQLYdheoBfv66kiz9H8u2TCUVscmqqB5wFnwPBsrzTbC7RskVntwjj4l

Instagram AECC

https://www.instagram.com/p/C70-s5NMRRW/?img_index=1. Haga clic o pulse si confía en este vínculo." href="https://www.instagram.com/p/C70-s5NMRRW/?img_index=1" rel="noopener noreferrer" target="j8MKbaof4CZS3Xr4qsRa4xJ" data-auth="Verified" data-linkindex="1">https://www.instagram.com/p/C70-s5NMRRW/?img_index=1 

EVOLUCIÓN XERACIONAL SOBRE SAUDE MENTAL

Estudio de investigación realizado polo alumnado de 2º bacharelato baixo a coordinación do departamento de psicoloxía: EVOLUCIÓN XERACIONAL SOBRE O CONCEPTO DE SAUDE MENTAL. 

O estudio pode consultarse no tablón de igualdade, convivencia e benestar. 

 

 

DIA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (02 MAIO)

O IES Indalecio Pérez Tizón conmemora o Día Internacional contra o Acoso Escolar sumándose ao lema do Colexío Oficial de Psicólogos de Galicia: 

 

XORNADA "DONAS DE SI" (Plan proxecta)

O venres 10 de maio o alumnado de 4ºESO e 1ºBacharelato participará na xornada "Donas de si" (Plan Proxecta Donas de si), que ten como finalidade visibilizar e pór en valor a participación e a produción das mulleres como pezas fundamentais no desenvolvemento da sociedade.

 

 

 

 

O alumnado de 1ºBach na charla da investigadora sanitaria Saida Ortolano (Hospital Álvaro Cunqueiro): 

 

O alumnado de 1ºBach na charla da concelleira Ana Mª Núñez Álvarez (Concello Tui): 

 

O alumnado de 4ºESO na charla da profesora Raquel Orozco da Escola de Enxeñaría de Minas (Universidade de Vigo): 

 

O alumnado de 4ºESO na charla da profesora Belén Vaz Araújo da Facultade de Química (Universidade de Vigo): 

 

 

O alumnado de 4ºESO na charla da médica de familia e Federación Española Laura Cabaleiro Castro: 

Conmemoración Día Internacional da Muller (8M)

O IES Indalecio Pérez Tizón conmemora o Día Internacional da Muller (8M) deseñando e montando a instalación “PONTE NOS MEUS ZAPATOS” que visibiliza: (I) o difícil percorrido que tiveron que realizar as mulleres para alcanzar os seus dereitos e (II) o camiño que aínda queda por percorrer ata alcanzar a igualdade libre de estereotipos de xénero na sociedade actual e no futuro.

Os zapatos simbolizan o elemento esencial co cal as mulleres percorreron o seu camiño e a espiral simboliza as dificultades coas que se atoparon ao longo deste camiño. 

 

 

Ademais fíxose a inauguración do taboleiro de igualdade, convivencia e benestar!

ESCAPE ROOM MULLERES CIENTÍFICAS 3ºESO!

O alumnado de 3ºESO das materias de bioloxía-xeoloxia e física-química deseñou un "Escape room" sobre mulleres científicas extraordinarias co gallo de conmemorar o día internacional da muller e nena na ciencia. 

Distribuir contido