OBRADOIROS DE DANZA E MÚSICA POLA IGUALDADE
Enviado por Silviabarja o Mar, 05/11/2024 - 13:01
O venres 25 de outubro o alumnado de 3ºESO participou activamente nun obradoiro de danzas urbanas dirixido pola bailarina profesional e coreográfa Yara Juncal (3º ESO A) e nun obradoiro de música impartido pola cantante e compositora Wöyza (3ºESO B).
Esta actividade levouse en colaboración co Concello de Tui, dentro do programa Boas Vives.
Durante os obradoiros o alumnado preparouse para participar activamente no acto de conmemoración do 25N organizado polo Concello de Tui.