Actividades
MULLERES NOBEL
Enviado por Silviabarja o Lun, 19/02/2024 - 13:11Exposición sobre as mulleres que foron galardonadas cun premio Nobel en diferentes ámbitos: paz, economía, fisioloxía e medicina, química, física e literatura.
Actividade organizada a través dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Relixión e os Equipos da Bibliotreca e de Igualdade, coa finalidade de visibilizar o desequilibrio existente entre os homes nobel e as mulleres nobel.
Exposición dispoñible durante todo o mes de febreiro no salón de actos.
I Concurso Recital Poético Rosalía de Castro
Enviado por Alberto Valverde o Mér, 07/02/2024 - 11:30Este ano queremos celebrar o día de Rosalía de Castro cun concurso de recitado de textos.
Escolle un poema en galego e achégate ao Salón de Actos do centro no primeiro recreo do venres 23 de febreiro.
Imos pasalo xenial!!
SEGUIMOS COA FORMACIÓN DO PROFESORADO EN COMO XESTIONAR AS EMOCIÓNS NA ADOLESCENCIA!
Enviado por Silviabarja o Xov, 01/02/2024 - 13:23Esta semana o grupo de 18 docentes participantes no seminario “Saúde mental na adolescencia no IES Indalecio Pérez Tizón” (Plan de Formación Permanente do Profesorado) recibe formación impartida por José Eduardo Rodríguez Otero, psicólogo da unidade de prevención do suicidio (UPS) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA (30 xaneiro)
Enviado por Silviabarja o Mér, 31/01/2024 - 13:33O IES Indalecio Pérez Tizón conmemora o Dia da Paz e da Non Violencia co lema "A guerra é a saída dos cobardes".
Deséñase un mapa mundi onde se mostran as rexións do mundo que viven en diferentes tipos de conflitos (armados, de dereitos LGTBIQ+, de xénero e paz, e tensións).
No segundo recreo celebrouse un acto co que reivindicamos a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Como simboloxía levamos unha prenda de cor branca visible na parte superior do corpo. No acto leuse un manifesto escrito por unha alumna e fíxose 1 minuto de silencio.
FORMAR AO PROFESORADO EN COMO XESTIONAR AS EMOCIÓNS É IMPRESCINDIBLE!
Enviado por Silviabarja o Mér, 24/01/2024 - 22:30Un grupo de 18 docentes participa no seminario “A saúde mental na adolescencia no IES Indalecio Pérez Tizón” (Plan de Formación Permanente do Profesorado) impartido por Olegaria Mosqueda Bueno, psicóloga educativa e membro do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e coordinado pola profesora Silvia Barja Fernández (departamento de bioloxía-xeoloxía e coordinación de igualdade).
CREACIÓN EQUIPO IGUALDADE, CONVIVENCIA E BENESTAR (Proxecta "Donas de si")
Enviado por Silviabarja o Mér, 24/01/2024 - 22:10CONMEMORACIÓN DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8M 2024) (Proxecta "Donas de si")
Enviado por Silviabarja o Mér, 24/01/2024 - 22:03
CARTEL GAÑADOR: 4ºESO
Autora na entrega do premio: NORABOA!
"A pouca fortuna", poema en conmemoración do 25N
Enviado por Irene Mera o Lun, 27/11/2023 - 12:42O poema "A pouca fortuna" foi escrito polo alumnado de 4º PDC para participar con el no concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais convocado pola Secretaría xeral de igualdade e a Dirección xeral de ordenación e innovación educativa co motivo da conmemoración do 25N. Se queres ver o video, prema na imaxe:
CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL E CONSUMO DE PORNOGRAFÍA
Enviado por Irene Mera o Xov, 23/11/2023 - 13:34PROPOSTA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES (25N 2023)
Enviado por anonimo o Lun, 06/11/2023 - 14:12Nesta LIGAZÓN tedes unha proposta de actividades para a conmemoración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.