FORMAR AO PROFESORADO EN COMO XESTIONAR AS EMOCIÓNS É IMPRESCINDIBLE!

Un grupo de 18 docentes participa no seminario “A saúde mental na adolescencia no IES Indalecio Pérez Tizón” (Plan de Formación Permanente do Profesorado) impartido por Olegaria Mosqueda Bueno, psicóloga educativa e membro do GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e coordinado pola profesora Silvia Barja Fernández (departamento de bioloxía-xeoloxía e coordinación de igualdade).