CONMEMORACIÓN DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA (30 xaneiro)

O IES Indalecio Pérez Tizón conmemora o Dia da Paz e da Non Violencia co lema "A guerra é a saída dos cobardes". 

Deséñase un mapa mundi onde se mostran as rexións do mundo que viven en diferentes tipos de conflitos (armados, de dereitos LGTBIQ+, de xénero e paz, e tensións). 

 

 

 No segundo recreo celebrouse un acto co que reivindicamos a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Como simboloxía levamos unha prenda de cor branca visible na parte superior do corpo. No acto leuse un manifesto escrito por unha alumna e fíxose 1 minuto de silencio.

 

AdxuntoTamaño
Manifesto día da Paz.pdf27.67 KB