Conmemoración Día Internacional da Muller (8M)

O IES Indalecio Pérez Tizón conmemora o Día Internacional da Muller (8M) deseñando e montando a instalación “PONTE NOS MEUS ZAPATOS” que visibiliza: (I) o difícil percorrido que tiveron que realizar as mulleres para alcanzar os seus dereitos e (II) o camiño que aínda queda por percorrer ata alcanzar a igualdade libre de estereotipos de xénero na sociedade actual e no futuro.

Os zapatos simbolizan o elemento esencial co cal as mulleres percorreron o seu camiño e a espiral simboliza as dificultades coas que se atoparon ao longo deste camiño. 

 

 

Ademais fíxose a inauguración do taboleiro de igualdade, convivencia e benestar!