Día Internacional da Muller na Ciencia
Enviado por anonimo o Xov, 10/02/2022 - 13:10
O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato do noso centro preparou unha estupenda exposición para conmemorar o Día Internacional da Muller na Ciencia, este ano adicado no noso centro ás meigas. Os nosos alumnos/as mostran nesta exposición as propiedades das plantas (curativas e velenosas), o papel da muller nestes primeiros anos de descubrimentos medicinais e consecuencias que para elas tiveron.
Non vos perdades esta interesantísima exposición. Convidámosvos a que a visitedes na biblioteca e no taboleiro de biblioteca na entrada do centro.