Novas

Fotos da homenaxe ás vítimas da COVID

Velaquí tedes algunhas das fotos que se fixeron o pasado 12 de marzo durante a homenaxe ás vítimas da COVID. A imaxe que vén a continuación conduce a un álbum de fotos no que poderedes ver estas fotografías.

Moitas grazas ao alumnado e ao profesorado do centro por participar neste acto.

Actividade de educación plástica

O taller de paisaxismo que se programara para o 21 decembro, e que tivo que adiarse polo mal tempo, por fin puido desenvolverse o pasado 22 de febreiro: o alumnado de 2º Bacharelato saiu ás rúas de Tui para realizar diferentes paisaxes da contorna da cidade. As fotos do evento pódense ver na seguinte ligazón:

Concurso de fotografía para alumnado de ESO e Bacharelato

Co galo da exposición sobre o fotógrafo José Suárez, que está actualmente no museo de Pontevedra, esta entidade organiza un concurso de fotografías destinado ao alumnado de ESO e Bacharelato coa temática "Pegadas do mar e da terra".

A imaxe que figura a continuación contén unha ligazón que vos conducirá ás bases do concurso. Consultade a información e animádevos a participar.

Concurso de relatos Museo Liste

O Museo Liste  de Vigo convoca un concurso de relatos chamado "Como cambia o conto". Lede as bases do concurso, que atoperedes pinchando na foto, e animádevos a participar:

Homenaxe ás vítimas da COVID

O venres 12 de marzo o alumnado e profesorado do noso centro participará nunha homenaxe a todas as vítimas da COVID, o virus que hai agora un ano cambiou radicalmente as nosas vidas. Vestidos de negro ou verde (reflectindo o luto e a esperanza) gardarán no patio do instituto un minuto de silencio por todos aqueles que perderon familia, que perderon a vida, que padeceron a enfermidade, e por todos aqueles que loitan contra esta pandemia para devolvernos a esperanza.

Concurso de contos da Vila de Pontedeume

Avísase ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de que o concello de Pontedeume convocou o XXXI Concurso de Contos Vila de Pontedeume. O primeiro premio en caso de que haxa gañador é de 600 euros. A imaxe que figura a continuación levaravos ás bases desta certame.

Cancións pola igualdade

Cancións contra a violencia de xénero

Deixámosvos nesta entrada unha ligazón que leva a unha lista de cancións feita dende o concello de Valencia, de diferentes xéneros musicais (pop, rock...), contra a violencia de xénero. Neste documento non só poderedes ler as letras, senon tamén escoitar os temas:

CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

8 de marzo: Educando en igualdade

O equipo de biblioteca elaborou estes estupendos cuadernos de actividades para conmemorar o 8 de marzo. Animádevos a facelos e loitemos por un mundo onde haxa tolerancia, respecto e igualdade para todos e todas:

Moitísimas grazas a Sonia e Miriam polo seu esforzo e traballo.

xxv Certame de poesía Francisco Añón

Infórmase ao alumnado que xa están publicadas as bases do XXV Certame de Poesía Francisco Añón que organiza o concello de Outes. Este concurso ofrece tres categorías nas que podedes participar:

- Categoría D (12-14 anos): o primeiro clasificado recibirá un vale de 240 euros e verá publicada a súa obra.

- Categoría E (15 - 17 anos): o primeiro clasificado obterá unha transferencia bancaria por valor de 480 euros e verá publicada a súa obra.

- Categoría F (maiores de 18 anos): o primeiro premio consiste nunha transferencia bancaria por valor de 1500 euros e publicación da obra.

A continuación, deixámosvos as bases deste certame, tanto na web coma no taboleiro de anuncios do centro, e animámosvos a participar.

 

Distribuir contido