Novas
Tui Book Dates
Enviado por anonimo o Mar, 02/02/2021 - 19:50O equipo de Biblioteca invítache a coñecer a túa media laranxa... lectora. Cubre o seguinte formulario on line (aquí ou no blog da Biblioteca) ou o que atoparás en papel na Biblioteca. Máis adiante avisarémosvos para que vaiades á Biblioteca a sorprendervos ao descubrir a identidade da vosa parella lectora ideal e compartir con ela unha lectura. Tedes ata o venres 12 de febreiro para participar.
III Concurso Literario Inda Namora
Enviado por anonimo o Mar, 02/02/2021 - 19:12Xa están aquí as bases da terceira edición do concurso Inda Namora que se celebra no centro para conmemorar a festividade de San Valentín. Animádevos a participar:
San Valentín 2021: Rebrote de Crepusculose
Enviado por anonimo o Mar, 02/02/2021 - 11:06O equipo de Biblioteca alerta a toda a comunidade escolar do rebrote dunha enfermidade que se creía erradicada hai anos. Lede con atención a noticia e estade pendentes da páxina web e do blog da biblioteca Aloia:
O punto de información sobre a Crepusculose xa está case preparado. Pasade os vindeiros días pola zona de conserxería para saber todo acerca desta enfermidade: sintomatoloxía, causas... Recoméndase tomar as precaucións que se estimen oportunas para evitar posibles contaxios.
Convocatoria Erasmus
Enviado por anonimo o Mar, 26/01/2021 - 13:28Convocatorias de mobilidades Erasmus+ da Xunta de Galicia
Ábrese a convocatoria de prazas de mobilidades Erasmus+ da Xunta de Galicia para alumnado e profesorado interesado na realización de prácticas nun país europeo.Estas prazas son para alumnado matriculado neste momento no 2º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais ou 2º curso de Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas.
Convocatoria de prazas de mobilidades Erasmus+ para alumnado
1. Número de prazas:
- Por determinar
2. Presentación de solicitudes
As persoas solicitantes presentarán a solicitude normalizada, segundo o anexo, enviándoa ó enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu acompañada dunha carta de presentación e motivación.
O prazo de presentación de solicitudes será do día 27 ao 2 de febreiro.
SE DESEXAS IMPRIMIR A INFORMACIÓN PREME AQUÍ.
Concurso "Mascarillas". Entroido 2021
Enviado por anonimo o Mér, 13/01/2021 - 13:54Este ano convocamos un novo concurso: animámosvos a decorar as máscaras anticovid coma máscaras de entroido. Lede con atención as bases do concurso:
Concurso de caricaturas. Curso 2020 - 2021
Enviado por anonimo o Mar, 12/01/2021 - 12:39Atención!! Velaquí están as bases do Concurso de caricaturas que tradicionalmente o departamento de Educación Plástica e Visual organiza no noso centro. Lede detidamente as bases e animádevos a participar!!:
Apertura do prazo do proceso de admisión
Enviado por anonimo o Lun, 11/01/2021 - 10:54Hoxe, 11 de xaneiro de 2021, ábrese o proceso de admisión de alumnado para o curso 21-22. Preman nos seguintes enlaces para máis información:
PROCESO DE ADMISIÓN 21-22 |
ANEXO I |
ANEXO I BIS |
Taller de montaxe de microscopios
Enviado por anonimo o Mér, 16/12/2020 - 12:45O pasado 14 de decembro o alumnado de 1º Bacharelato asistiu a un taller de montaxe de microscopios. O obradoiro resultou moi interesante, e, dende o centro (alumnado, dirección e xefa do departamento de bioloxía e xeoloxía) queremos agradecer ao relator a súa boa disposición para atender aos nosos alumnos e alumnas.
Programación didáctica do departamento de Filosofía. Curso 2022-2023
Enviado por anonimo o Mér, 16/12/2020 - 09:40CURSO | PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA |
2º e 4º ESO. 2º BAC | |
3º ESO | PD Educación en valores cívicos e éticos |
1º BAC | PD Filosofía |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »