Novas

Suxestións de lecturas para este Nadal

Atención ao magnífico traballo desenvolvido polo equipo de Biblioteca e polo alumnado de Escaparatismo. Teredes que pasar pola nosa Biblioteca para velo (e a ver se tedes sorte e aínda pillades unha das bolsas coas suxestións de lecturas para este Nadal).

SUXESTIÓNS DE LECTURAS DE NADAL

BIBLIOTECA ALOIA

Actividade: A publicidade e o sexismo

ACTIVIDADES SOBRE O SEXISMO NA PUBLICIDADE

A continuación, móstrase unha ligazón a un blog onde tamén se pode traballar esta temática:

OS PRODUTOS NON TEÑEN XÉNERO

Visita da Asociación Transmiño

Ao longo do mes de novembro o noso alumnado da ESO estivo a partipar nuns talleres sobre igualdade e LGTBI desenvolvidos pola asociación Transmiño.

Queremos agradecer á asociación e aos relatores o seu traballo e boa disposición de cara o noso alumnado. Estades convidados a volver cando queirades:

 

O IES Indalecio Pérez Tizón súmase á iniciativa do concello para loitar contra a violencia de xénero

O noso centro sumouse á iniciativa do concello de Tui para loitar contra a violencia de xénero. A nosa aportación atópase na seguinte ligazón: http://www.tui.gal/gl/novas/o-ies-indalecio-perez-tizon-sumase-ao-25n-co...

Suxestións de lecturas a favor da Igualdade

O equipo de Biblioteca elaborou esta interesantísima guía de lecturas que tratan sobre a igualdade e a violencia de xénero, que se poden pedir en préstamo. Moitas grazas polo seu traballo:

Contra a violencia de xénero: tres recomendacións de lecturas

Tres das nosas alumnas encoméndannos a lectura de tres libros que versan sobre a violencia de xénero: Imparables, Desnuda e O inferno de Marta. Tamén poderedes acceder a estes videos no blog da Biblioteca Aloia.

 

Imparables, recomendado por Iroko

(2º ESO)

 

O inferno de Marta, recomendado por Carla

(3º ESO PMAR)

 

Desnuda, recomendado por Claudia

(1º Bacharelato)

 

Tódalas mulleres que coñezo

O Concello de Tui convídanos, durante tres días, a mirar Tódalas mulleres que coñezo (de Xiana do Teixeiro), unha película que versa sobre unha das pragas máis invasivas e, por desgraza, imperecedeiras, na sociedade: a violencia de xénero.

 

Día contra a Violencia de Xénero: No es normal

Recomendamos esta interesante curtametraxe, chamada "No es normal", para o alumnado de 1º e 2º da ESO.

 

Samaín no Indalecio

Non hai historias de medo máis terroríficas que as que son de verdade. Vede estas curtametraxes e probablemente estaredes dacordo:

 

 

 

Concurso de relatos de terror Edgar Allan Poe

Xa están publicadas as bases do concurso de relatos de terror Edgar Allan Poe que dende hai uns anos a Biblioteca convoca para celebrar o Samaín. Se queredes participar, lede con atención as bases da convocatoria que están no blog da biblioteca, ao que podedes acceder dende a ligazón que figura á dereita da páxina ou directamente en bibliotecaaloia.blogspot.com.

 

Animádevos e partipade no certame!!!

Distribuir contido