Novas
Concurso de contos da Vila de Pontedeume
Enviado por anonimo o Mar, 09/03/2021 - 14:10Avísase ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de que o concello de Pontedeume convocou o XXXI Concurso de Contos Vila de Pontedeume. O primeiro premio en caso de que haxa gañador é de 600 euros. A imaxe que figura a continuación levaravos ás bases desta certame.
Cancións contra a violencia de xénero
Enviado por anonimo o Ven, 05/03/2021 - 11:34Deixámosvos nesta entrada unha ligazón que leva a unha lista de cancións feita dende o concello de Valencia, de diferentes xéneros musicais (pop, rock...), contra a violencia de xénero. Neste documento non só poderedes ler as letras, senon tamén escoitar os temas:
CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
8 de marzo: Educando en igualdade
Enviado por anonimo o Mar, 02/03/2021 - 11:04xxv Certame de poesía Francisco Añón
Enviado por anonimo o Ven, 26/02/2021 - 12:47Infórmase ao alumnado que xa están publicadas as bases do XXV Certame de Poesía Francisco Añón que organiza o concello de Outes. Este concurso ofrece tres categorías nas que podedes participar:
- Categoría D (12-14 anos): o primeiro clasificado recibirá un vale de 240 euros e verá publicada a súa obra.
- Categoría E (15 - 17 anos): o primeiro clasificado obterá unha transferencia bancaria por valor de 480 euros e verá publicada a súa obra.
- Categoría F (maiores de 18 anos): o primeiro premio consiste nunha transferencia bancaria por valor de 1500 euros e publicación da obra.
A continuación, deixámosvos as bases deste certame, tanto na web coma no taboleiro de anuncios do centro, e animámosvos a participar.
Resultado de Tui Book Dates
Enviado por anonimo o Mar, 23/02/2021 - 13:30Tras unha exhaustiva análise e investigación, o equipo de Biblioteca foi quen de atopar compatibilidades lectoras entre a maioría do noso alumnado. Asimesmo, o equipo de Biblioteca quere animar a aquelas almas solitarias que quedaron sen parella: tedes que lembrar que ao mellor a vosa media laranxa lectora non estuda neste centro e que ademais hai moita timidez e introspección entre o alumnado deste instituto.
Se queredes coñecer o froito desta investigación e saber con quen sodes ou non compatibles, non vos perdades a seguinte presentación:
Concurso de Caricaturas 2021
Enviado por anonimo o Ven, 12/02/2021 - 13:34Na seguinte presentación tedes algúns dos traballos presentados a concurso este ano e veredes os gañadores de cada modalidade de participación:
Día Internacional da muller na ciencia: pequena homenaxe a Hedy Lamarr
Enviado por anonimo o Xov, 11/02/2021 - 11:12Velaquí unha pequena homenaxe a unha actriz de Hollywood dos anos 40 case olvidada: Hedy Lamarr. Neste día coma o de hoxe, o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, non merece menos que lembrala, recoñecéndolle e agradecéndolle o esforzo das súas investigacións, o que non se fixo na súa época.
Rebrote de Crepusculose
Enviado por anonimo o Ven, 05/02/2021 - 13:26O punto de información sobre a extraña enfermidade denominada Crepusculose xa está rematado. Achegádevos a el para coñecer todo sobre a última cepa (Sol de medianoche) e tomade moitas precaucións para non contaxiarvos con esta plaga.
Conmemoración do día da muller na ciencia: Non mais Matildas
Enviado por anonimo o Xov, 04/02/2021 - 13:14Que pasaría se algúns dos científicos máis coñecidos da historia da humanidade nacesen coma mulleres? A resposta pode que se atope nos seguintes contos que plantexan unha vida hipótetica para unha muller apelidada Einstein, Schröedinger ou Fleming. Dende o equipo de Igualdade animámosvos a ler estes relatos e a reflexionar ao respecto ao longo da próxima semana para celebrar o 11 de febreiro o Día da Muller na Ciencia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »