Extraescolares e complementarias
Festival de Nadal 2023
Enviado por Irene Mera o Mar, 05/12/2023 - 13:28Xa está aquí o Nadal e o último día de clase imos celebralo cun concurso. Premede na imaxe para consultar as bases e animádevos a participar que hai premio!
APROVEITAMENTO DAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO
Enviado por Irene Mera o Lun, 27/11/2023 - 10:32Alumnado de Ciclos, Comercio e Electricidade asistiron con aproveitamento ao curso formativo intensivo que Modesto Gómez, referente nacional como formador de cursos de marketing, habilidades socio - directivas, xestión de talento e desenvolvemento estratéxico, impartiu a pasada semana dentro das Xornadas de Emprendemento que se celebraron no IES Indalecio Pérez Tizón. Cun carácter eminentemente práctico o alumnado presentou as súas propostas e proxectos, que cos consellos e pulo do relator foron avanzando desde a idea orixinaria cara a fórmula de negocio.
XORNADAS DE EMPRENDEMENTO NO IES
Enviado por anonimo o Xov, 23/11/2023 - 13:10Os días 23 e 24 de novembro terán lugar no salón de actos as Xornadas de emprendemento. Prema na imaxe para ver o programa.
EXPOSICIÓN NO SALÓN DE ACTOS: MULLERES REPRESALIADAS NO CÁRCERE DE TUI. DO 2 AO 16 DE OUTUBRO
Enviado por anonimo o Mér, 04/10/2023 - 09:14Celebramos o Día Mundial da Radio con Ponte nas Ondas!
Enviado por anonimo o Lun, 13/02/2023 - 11:19Picnic de Fernando Arrabal
Enviado por anonimo o Ven, 24/06/2022 - 07:51O último día lectivo deste curso académico o alumnado do centro de 3º e 4º ESO animáronse a representar Picnic de Fernando Arrabal, unha obra do teatro do absurdo que, mediante diálogos e situacións aparentemente incoherentes, denúnciase o absurdo da guerra.
Aquí vos deixamos o vídeo da representación. Esperamos que os gustara:
Representación teatral: Picnic de Fernando Arrabal
Enviado por anonimo o Lun, 20/06/2022 - 08:54Tuiteatro, compañía teatral do IES Indalecio Pérez Tizón formada este ano polo alumnado de 4º ESO B, quere lembrarnos a todos/as que as guerras son un sinsentido. Por iso invita ao alumnado da ESO á unha representación de Picnic de Fernando Arrabal que terá lugar o 22 de xuño de 2022 no ximnasio do centro.
Cartel elaborado por Nines Velázquez, xefa do departamento de Educación Plástica e Audiovisual do IES Indalecio Pérez Tizón
Charla - coloquio co concello de Tui
Enviado por anonimo o Lun, 20/06/2022 - 08:42Este luns, 20 de xuño de 2022, o concello de Tui impartirá unha charla ao alumnado de 4º ESO sobre a Axenda Urbana:
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »