SCHOOL TRIP TO LONDON (4th ESO)

 

 

O pasado 17-20 de marzo un grupo de 30 alumnos de 4º ESO fixo unha viaxe cultural a Londres. Unha cidade infinita onde poden facerse mil e un plans: a oportunidade de visitar varios dos museos e galerías de arte máis importantes do mundo: British Museum, Natural History Museum, Victoria and Albert Museum, Tate Modern. ir de compras por Oxford Street, ver o cambio da garda en Buckingham Palace, probar a mellor street food do mundo no Borough Market, pasear por prazas icónicas como Picadilly Circus, Leicester Square ou Covent Garden, desfrutar de vistas panorámicas de monumentos como Houses of Parliament ou Tower Bridge...