Grande Magosto!
Fotografía: Mª Sela Martínez González
O xoves 14 de novembro celebramos o Magosto no centro: castañas, xogos populares, cinzas na cara e algún chouripán que outro. Gracias a Cadavid por ser o gran mestre magosteiro; aos alumnos de 1º de Ciclo Medio de Electricidade, de 2º de Ciclo Medio de Comercio e de 2º de FP Básica, pola súa desinteresada colaboración no asado e reparto de castañas. Gracias a todos os profes que axudaron e participaron na festa e moi especialmente a aqueles que lles tocou andar co lume, Miguel, Geni e Sabela, e aos que organizaron os xogos populares, Toño, Betania e Alberto. E gracias a vós, os alumnos e alumnas, polos sorrisos, o humor, os folgos que lle botades a todo, as gañas de estar e de facer. Está é a vosa festa.